Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de compensación da unidade de execución 1 do PERI 5 A Paradela 1-Teis. (Expediente 4195/401).

Carlos Javier Mirón Gutiérrez, en nome e representación da entidade mercantil Construcciones Mirón y Gutiérrez Pontevedra, S.A. presentou no rexistro xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo con data do 11 de febreiro de 2000, o proxecto de compensación da U.E. 1 do PERI 5 A Paradela 1 (Teis).

De conformidade co establecido no artigo 133.8º, en relación co 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o devandito proxecto a exposición pública polo prazo de vinte días desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que se presenten cantas alegacións ou documentos se estimen convenientes.

O expediente atópase á disposición do público na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

Vigo, 15 de febreiro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo