Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-156/1999 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador, por infracción da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalas en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da dita lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o denunciado disporá dun

prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9).

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-156/1999.

Denunciado: Manuel García Forte.

Enderezo: Nantes, s/n, Sanxenxo.

DNI: 35.241.270.

Feitos denunciados: cazar nun terreo sometido a réxime cinexético especial sen estar en posesión do correspondente permiso, sen ter contratado o seguro obrigatorio do cazador e atopándose a 3 metros dunha nave industrial, ás 11.55 horas do día 12-12-1999, lugar O Santo-Nantes, concello Sanxenxo.

Data do acordo da incoación: 23-12-1999.

Precepto infrinxido: 58.27º, 58.31º e 57.35º, en relación co artigo 25 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 120.000 ptas., retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante 1 ano e 1 día.