Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2000 pola que se notifica a resolución do recurso ordinario interposto contra a resolución do expediente de costas 32/1998 de Pontevedra (Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas; Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de costas).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a resolución do dito recurso ordinario.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela procederá a interposición do recurso contencioso-administrativo, para interpoñer, á elección do recorrente, perante o xulgado do contencioso-administrativo do lugar onde teña o seu domicilio o recorrente, ou perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da cidade de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2000.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento: Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas; Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de costas.

Expediente: 32/1998 de Pontevedra.

Solicitante: Enrique Piñeiro Cores.

Último enderezo coñecido: Cores, 19 San Miguel de Deiro. 36600 Vilanova de Arousa.

Contido da resolución recorrida: ter por desistido o solicitante da súa petición (solicitude de autorización para rehabilitar un alpendre en zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre), ordenando o arquivo sen máis trámite.

Resolución do recurso: desestimado, confirmando a resolución en tódolos seus termos.