Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador (C-53/1999 e dous máis) (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador, por infracción da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común, podendo recusalas en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da dita lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9).

Pontevedra, 27 de xaneiro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-53/1999.

Denunciado: Manuel Bargiela Carrera.

Domicilio: Xeneral Rubín, 5-4º, Redondela.

DNI: 76.909.708.

Feitos denunciados: adestrar nun terreo sometido a réxime cinexético especial sen o oportuno permiso, levando xunto con outra persoa un total de 20 cans sen a debida dilixencia para evitarlles molestias ás pezas de caza e incumprindo as normas que regulan o adestramento de cans, ás 12.55 horas do día 10-10-1999, lugar Monte Galleiro-Louredo, concello de Mos.

Data do acordo da incoación: 23-12-1999.

Precepto infrinxido: 57.35º en relación co artigo 34.9º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 20.000 ptas.

Expediente: C-158/1999.

Denunciado: Manuel Angustia Rubianes.

Domicilio: O Lameiro-Cea, Vilagarcía de Arousa.

DNI: 35.420.152.

Feitos denunciados: practica-la caza nun terreo sometido a réxime cinexético especial sen levar consigo o correspondente permiso, ás 12.15 horas do día 5-12-1999, lugar Fonte Fría, concello de Vilagarcía de Arousa.

Data do acordo da incoación: 23-12-1999.

Precepto infrinxido: 57.4º en relación co artigo 45 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 10.000 ptas.

Expediente: C-187/1999.

Denunciado: Miguel Ángel González Martínez. Domicilio: Troáns-Guldrigáns, 21, Cuntis.

DNI: 76.828.439.

Feitos denunciados: portar unha escopeta cargada e disposta para o seu uso na estrada polígono industrial-A Ran, ás 12.30 horas do día 19-12-1999, lugar estrada polígono industrial-A Ran, concello Cuntis.

Data do acordo da incoación: 13-1-2000.

Precepto infrinxido: 57.35º en relación co artigo 25 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 20.000 ptas.