Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores na orde social 125/1999 e dous máis.

Non sendo atopados no enderezo coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndoos de que, de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

A Coruña, 2 de febreiro de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expte.ActaTitularNIF/DNIEnderezoMateriaData Res.Sanción

125/19991114/1998Construc. Manolo y Luis, S.L.B-15.582.182Ronda de Outeiro, 132, 12 D, 15007 A CoruñaS.H.15-10-1999250.100 ptas.

249/1999450/1999Áridos Rus, S.L.B-15.424.203Estrada Nostián, 8, Meicende, Arteixo (A Coruña)S.H.21-10-1999500.200 ptas.

545/1999827/1999Lan Bila Bulegoa ETT, S.L.B-20.505.632Otaola Hiribidea, 3. Centro comercial Ipurua, Eibar (Guipúscoa)S.H.25-1-2000251.000 ptas.