Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 66/2000.

Non sendo atopado no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que

se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución; transcorrido aquel, contarán cun novo prazo de tres días para presenta-las alegacións que consideren oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: 66/2000.

Acta Inf.: 858/1999.

Empresa: Distribuidora Xeral de Aislamientos, S.L. (Diconsa, S.L.)

NIF/DNI: B-36.841.419.

Enderezo: Avda. Balaídos, 44, 8º D. Vigo (Pontevedra).

Materia: seguridade e hixiene.

Documentos que figuran no expediente:

-Acta de infracción.

-Xustificante de recepción.

-Audiencia ó interesado.

Proposta de sanción: 350.000 ptas.

A Coruña, 2 de febreiro de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña