Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se fai pública a convocatoria de poxa para o alleamento das madeiras que se citan.

Por esta resolución convócase a poxa para o alleamento de madeiras dos lotes que se citan no anexo, e de acordo co disposto no Decreto 244/1998, do 24 de xullo, da Consellería de Medio Ambiente e na orde da Consellería de Medio Ambiente do 8 de setembro de 1998 (DOG do 16 de setembro).

A realización desta terá lugar no salón de actos da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita na rúa Benito Corbal nº 47 de Pontevedra.

Para esta poxa rexerán as ordes antes citadas e mailos pregos de condicións técnico-administrativas xerais e particulares destas que figuran no expediente correspondente no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Pontevedra, sito na rúa Benito Corbal, 47-8º desa cidade, onde poderán ser examinados polos interesados a partir do día da publicación no DOG desta resolución.

As ofertas poderanse presentar, durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación no DOG desta resolución, no rexistro da Delegación Provincial da

Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra ou en calquera das formas legalmente establecidas.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás once horas do noveno día hábil, que non cadre en sábado, contado a partir do termo do prazo de presentación das ofertas.

Cada licitador presentará dous sobres pechados para cada oferta. O sobre A coa documentación administrativa e o sobre B coa oferta económica.

O sobre A, que contén a documentación administrativa, poderá ser único para tódalas poxas que teñen lugar ante a mesa e na mesma sesión.

Deberá conte-la seguinte documentación:

1. Acreditación da personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación.

2. Os xustificantes acreditativos de que están constituídas as fianzas provisionais, 2% do prezo de taxación, de acordo co disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

3. Declaración responsable de non estar incursa en prohibición de contratar, consonte os artigos 15 a 20 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

4. Os que acrediten a cualificación empresarial do licitador.

5. Os que acrediten encontrarse ó día no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social impostas nas disposicións vixentes.

No caso de que o licitador estea dado de alta no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma, deberá indicar na parte exterior do sobre o seu número, e incluír copia da inscrición da empresa no dito rexistro e os xustificantes acreditativos das fianzas provisionais.

O sobre B recollerá a proposición económica e presentarase no modelo normalizado que se encontra á disposición dos interesados no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Pontevedra. Cada un dos lotes deberá figurar nun sobre B individual.

O adxudicatario constituirá a fianza definitiva do 4% do prezo de adxudicación dentro dos vinte días seguintes ó da data na que regulamentariamente se lle comunique que a adxudicación é definitiva,

Dentro dese mesmo prazo deberá aboar:

1. O importe total do remate, ou o importe do primeiro prazo, segundo se indique no prego de condicións particulares de cada poxa.

2. O importe das taxas.

3. Os gastos proporcionais deste anuncio.

4. Os demais que se establezan nos pregos particulares de aproveitamento.

O adxudicatario deberá aboar, ademais das cantidades expresadas no anuncio, a porcentaxe que corresponda, segundo o réxime especial ou xeral que aplique a propidade do monte, en concepto de IVE.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2000.

P.D.(Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente