Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede ó Centro de Estudios Cofisad a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas para as categorías IG-I a IG-IV.

Vista a solicitude presentada por Pedro Díaz Currás en representación do Centro de Estudios Cofisad e a documentación anexa, na que solicita que lle sexa concedida a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador de gas, grupos IG-I ó IG-IV.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985 pola que se aproba a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE do 9-1-1986).

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos, a Dirección Xeral de Industria

RESOLVE:

Outorgarlle ó Centro de Estudios Cofisad a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés

profesionais de instalador de gas, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, no ámbito da provincia da Coruña.

Para imparti-los cursos deberase comunicar á Delegación Xeral de Industria e á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que deberá acreditar ante a Dirección Xeral de Industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria