Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se somete a información pública a relación de bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución das obras do proxecto da Cidade da Cultura de Galicia.

De acordo co establecido no artigo 18 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 17 do seu regulamento, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, sométese a información pública a relación de bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución das obras do proxecto da Cidade da Cultura de Galicia.

A devandita relación estará exposta na Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e no taboleiro de edictos do Concello de Santiago de Compostela, para coñecemento público durante quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, sito no edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2000.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo