Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2000, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación das obras do construcción dun edificio sede do CIS da Madeira de Galicia, no parque tecnolóxico de Galicia en Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 5/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción dun edificio sede do Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira.

b) Lugar de execución: Ourense.

c) Prazo de execución: dezaseis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos cincuenta e dous millóns novecentas noventa mil trescentas cincuenta e unha pesetas (252.990.351 ptas. ou 1.520.502,63 euros), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 5.059.807 pesetas (30.410,05 euros).

Definitiva: 10.119.614 pesetas (60.820,11 euros).

6. Obtención de documentación.

a) Copy A3, S.L.

b) Domicilio: Rosalía de Castro, 51, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Teléfono: 981 59 87 71.

e) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Obtención de información.

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio, Servicio de Xestión Económica e Control Presupostario.

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 41 49.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría E.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do PCA.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: ás 13 horas do terceiro día natural, que non coincida en sábado ou día inhábil, seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda