Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.092

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (645/1998).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dá fe e testemuño de que no xuízo de

faltas 645/1998 se dictou sentencia con encabezamento e parte dispositiva que di:

«María Ángeles Lamas Méndez, xuíza de Primeira Instancia e Instrucción, vista e oída en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 645/1998, seguida por unha falta de lesións contra María López Castro, na que foron partes o Ministerio Fiscal e José Figueroa Chorén en calidade de denunciante.

Decido: que debo condenar e condeno a María López Castro, como autora penalmente responsable dunha falta do artigo 617.1º do Código Penal, á pena dun mes de multa con cota diaria de 500 pesetas, quedando suxeita, se non as satisfixese voluntariamente ou por vía de constrinximento, á responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non pagadas e ó pagamento das custas.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado perante a audiencia provincial no prazo de cinco días desde a súa notificación».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a María López Castro, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón o catorce de febreiro de dous mil.

O secretario

Rubricado