Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.092

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (3188/1998-P).

Número 513.

A Coruña, dez de decembro de mil novecentos noventa e nove.

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por Ángel Barrallo Sánchez, presidente, María José Pérez Pena, Luis Barrientos Monge, maxistrados, pronunciou, en nome de El-Rei, a seguinte sentencia:

No recurso de apelación civil 3188/1998, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Santiago de Compostela, entre partes, dunha e como apelante, o Ministerio Fiscal, e doutra e como demandante apelada, María del Mar Rey Suárez, representada pola procuradora Belo González e, como demandado apelado declarado en situación procesual de rebeldía, Santiago Torres Cidranes, con quen se entenderon esta e as demais dilixencias nos estrados deste tribunal. Foi relator Luis Barrientos Monge.

Decidimos:

Que, con parcial estimación do recurso de apelación interposto contra a sentencia do 27 de maio de 1998, dictada polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Santiago de Compostela, debemos revogar e revogámola soamente para deixar sen efecto a medida de privación de patria postestade adoptada, mantendo o resto dos pronunciamentos.

Non se fai especial pronunciamento sobre as custas causadas nesta alzada.

E expídase a certificación correspondente ó xulgado de procedencia, con devolución dos autos que remitiu.

Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación á peza de apelación civil, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste, expido e asino este edicto na Coruña o catorce de febreiro de dous mil.

Rubricado