Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.093

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan acordos de devolución de ingresos indebidos pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Padín Cid, Celia).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse: acordos de devolución de ingresos indebidos, pendentes de notificar, despois dei ntentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Vigo, en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, de 21 de setembro.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do Servicio de Secretaría desta Delegación Territorial (dependencia de notificacións), co enderezo na praza de América bloque 1, portal oficinas 2ª planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 9 de febreiro de 2000.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Padín Cid, Celia

DNI: 35.457.943

Lg. Xunqueira

Vilanova de Arousa

Acordo devolución por débeda da liquidación 980004926 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria