Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.086

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de febreiro de 2000 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo vacante que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións que para o posto se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Univer

sitaria (edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), nas delegacións provinciais, e nas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionado para ocupa-lo posto de traballo un funcionario con destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta Comunidade Autónoma conforme o previsto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e nas demais disposicións concordantes.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de trabalo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes, se radica en localidade distinta ou comporta reingreso ó servicio activo do funcionario. Este prazo empezarase a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra a presente orde, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicándolles previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Denominación do posto: xefe do Servicio da Unidade Técnica.

Código do posto: ED.C99.10.000.15001.241.

Dependencia: delegación provincial.

Localidade: A Coruña.

Grupo: A/B.

Nivel: 28.

Complemento específico: 1.459.680.

Corpo ou escala: especial.

Formación específica: arquitecto superior/arquitecto técnico.