No Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña tramítase o recurso número 21/1999 (protección dos dereitos fundamentais da persoa) interposto pola referida aspirante da categoría de matrona, contra o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo convocado por resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, do 15 de xaneiro de 1999.
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de cinco días, de conformidade co previsto no artigo 116 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2000.
Valeriano Martínez García
Director xeral da División de Recursos Humanos