Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.063

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de febreiro de 2000 pola que se lle concede autorización definitiva ó centro privado Aloya, de Vigo (Pontevedra), para impartir educación secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos, segundo os datos que figuran no anexo.

Examinado o expediente instruído por instancia da directora do centro privado Aloya, de Vigo (Pontevedra), na que solicitaba autorización definitiva para impartir educación secundaria obrigatoria, bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais, e ciclos formativos, segundo se relaciona no anexo.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspontes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, o Real decreto 1662/1994, do 22 de xullo (BOE do 30 de setembro), Decreto 228/1997, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto), polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa, o Real decreto 1658/1994, do 22 de xullo (BOE do 30 de setembro), o Decreto 303/1999, do 28 de outubro

(DOG do 25 de novembro) polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior de secretariado, o Real decreto 2219/1993, do 17 de decembro (BOE do 11-3-1994), o Decreto 147/1999, do 23 de abril (DOG do 26 de maio), polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio de cociña, o Real decreto 2218/1993, do 17 de decembro (BOE do 9-3-1994), o Decreto 350/1999, do 23 de decembro (DOG do 24-1-2000) polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior de restauración, o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias da Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorre no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Aloya, de Vigo (Pontevedra), para impartir educación secundaria obrigatoria bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais e ciclos formativos e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva dos centros existentes no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-Para as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos, que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos que pola presente orde se autoriza, deberán cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada polo Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29), todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Quinto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa

publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,

Disposición transitoria

O dito centro poderá imparti-las ensinanzas de FP2, para as que conta coa correspondente autorización, mentres non se extingan, segundo o calendario de aplicación da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Couto, nº 2.

Código do centro: 36011622.

Denominación específica: Aloya.

Titular: Asociación Fontenova.

Composición resultante:

a) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

b) Centro de bacharelato: 4 unidades (ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais).

c) Centro de formación profesional específica:-1 ciclo formativo de grao medio xestión administrativa da familia profesional de Administración (1 unidade para 30 alumnos).-1 ciclo formativo de grao superior de secretariado da familia profesional de Administración (1 unidade para 30 alumnos).-1 ciclo formativo de grao medio cociña da familia profesional de hostalería e turismo (2 unidades para 30 alumnos/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de restauración da familia profesional de hostalería e turismo (2 unidades para 30 alumnos/unidade).