Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 2000 Páx. 3.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2000 pola que se notifica a resolución do recurso ordinario interposto contra a resolución do expediente de caza 163/1997 da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a resolución do dito recurso ordinario.

Esta resolución esgota a vía administrativa e na súa contra procederá a interposición do recurso contencioso-administrativo, que haberá que interpoñer perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2000.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador de caza: Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Expediente: 163/1997 da Coruña.

Denunciado: Juan Carlos Rivas Gómez.

Último enderezo coñecido: r/ Vila de Rianxo, 8-2º A, Santiago de Compostela.

Contido da resolución recorrida:

Feitos: cazar nunha superficie afectada por incendios.

Cualificación da infracción: grave.

Tipificación: artigo 58.17º da Lei 4/1997.

Sanción: multa de 100.001 pesetas, retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela por un período dun ano e un día.

Resolución do recurso: desestimado, confirmando a resolución en tódolos seus termos.