Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 2000 Páx. 3.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico da Merca, situado na Merca e Allariz (Ourense) e promovido por Minicentrales Reunidas, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico da Merca, situado na Merca e Allariz (Ourense).

2. Para os devanditos efectos informativos porase á disposisición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Ourense.

-Concellos da Merca e Allariz.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días contados a partir do seguinte día ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2000.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental