Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 2000 Páx. 3.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2000 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para ingreso na categoría de programador do persoal laboral fixo do Cixtec.

De conformidade co disposto nas bases 6 e 7 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Cixtec de programadores convocada por Resolución do 27 de xullo de 1999, e remitida polo tribunal, nomeado para o efecto, a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo,

RESOLVO:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría de programadores, publicándose como anexo I da presente resolución.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán presentar, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no Cixtec a documentación á que se refire a base 7.1 da convocatoria.

Terceiro.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no DOG ante o mesmo órgano que dicta o acto e ademais contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2000.

Gonzalo Gómez Montaña

Director do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO I

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Cixtec de programadores

Nome e apelidosDNINota 1Nota 2Nota 3Nota 4MéritosTotal

Promoción interna

Mato Nieto, José Ramón33.243.5495.606.003.5017.5032.60

Quintas Rodríguez, Marco Antonio34.969.9676.606.004.8012.0029.40

Acceso libre

Ruiz González, Mª José32.756.2985.808.503.704.7012.0034.70

Vilar López, José33.312.1646.108.003.003.0012.0032.10

Rábano Chimeno, Fco. Javier34.943.2126.306.502.504.5012.0031.90