Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 2000 Páx. 3.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de expediente sancionador P-46/1999 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 90/3110001181, de Caixa Galicia (2091) oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo do pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 46/1999.

Denunciado: Luis Manuel Falcón Otero.

Domicilio: r/ Casal, 4, Barrantes, Ribadumia.

DNI: 76.859.434

Feitos denunciados: pescar 12 troitas de tamaño inferior ó mínimo permitido (entre 11 e 17 cm) e non devolvelas ás augas. Feitos acontecidos ás 9 horas do día 2 de abril de 1999, no río Areal, ó seu paso por Perdecanai, do concello de Barro.

Data do acordo da incoación: 18-5-1999.

Data do acordo da proposta: 16-9-1999.

Proposta: sancionar a Luis Manuel Falcón Otero con multa de 5.000 ptas. e unha indemnización de 12.000 ptas.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar 12 troitas.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 5.000 ptas.

Indemnización: 12.000 ptas.