Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 2000 Páx. 3.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 21 de febreiro de 2000 pola que se anuncia a contratación, polo sistema aberto por concurso e trámite de urxencia, dos servicios técnicos para a realización dunhas viaxes en embarcación, dentro do programa de visitas didácticas polo litoral de Galicia.

Advertidos erros no texto da citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 40, do 28 de febreiro de 2000, cómpre face-las seguinte correccións:

Na páxina 2.639 no seu punto 8. Presentación das ofertas, onde di: «... finaliza ós 26 días naturais, contados...», debe dicir: «... finaliza ós 13 días naturais, contados...».

Na páxina 2.639 no seu punto 9. Apertura das ofertas e exposición das proposicións, onde di: «... ás 10.30 do sexto día natural, a partir...», debe dicir: «... ás 10.30 horas do terceiro día natural, a partir...».