Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 2000 Páx. 3.049

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 3 de febreiro de 2000 pola que se declara extinguida a concesión administrativa dunha cetaria sita en Caldebarcos, Carnota (A Coruña) outorgada a María González Oreiro.

Visto o expediente iniciado a María González Oreiro con DNI 76.470.371, na súa condición de titular dunha cetaria sita en Caldebarcos, Carnota (A Coruña).

Resulta que:

Con data do 16-1-1996 María González Oreiro solicita prórroga da concesión administrativa do referido establecemento.

Segundo o informe da Delegación Territorial desta consellería na Coruña queda patente a imposibilidade de cumprimento do disposto na Directiva 91/493-CEE e no Real decreto 1437/1992, que fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e da acuicultura, debido ás características da cetaria, o que inhabilita o establecemento para a súa explotación.

Segundo manifesta a titular da cetaria no escrito con data do 19-11-1997, dirixido á Demarcación de Costas de Galicia, a instalación nunca se puxo en explotación.

Resultando á vista do anteriormente exposto que:

A Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Coruña acorda, con data do 20-10-1998, a incoación de expediente de caducidade da devandita concesión.

Que o acordo de iniciación do expediente de caducidade e o nomeamento do instructor lle foron notificados á interesada o 26-10-1998 sen que se formulasen alegacións no prazo establecido.

Considerando:

Que o expediente foi tramitado conforme o disposto na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Que a cetaria nunca se puxo en explotación, o que constitúe causa de caducidade recollida no artigo 72 d) da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Vistas:

Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.

Esta consellería, á vista da proposta de resolución emitida polo instructor do expediente, e do informe

do servicio técnico-xurídico, no exercicio das súas atribucións e competencias,

RESOLVE:

Caduca-la concesión administrativa que a continuación se relaciona, outorgada a María González Oreiro, con DNI 76.470.371, por incorrer nas causas de caducidade recollidas no artigo 72 d) da Lei 6/1993, de pesca de Galicia:

Establecemento: cetaria.

Especies autorizadas: crustáceos.

Superficie dominio público: 31,5 m.

Localización: Punta Caldebarcos, concello de Carnota, A Coruña.

Data da concesión: 28-1-1986 (DOG nº 35, do 19-2-1986).

Remate da vixencia: 19-2-1996.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa; ámbolos dous prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 17-12-1997 DOG nº 246, do 22)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura