Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 2000 Páx. 3.033

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 25 de xaneiro de 2000 pola que se regula o procedemento de selección para a contratación de expertos para a realización de accións de formación ocupacional.

Advertido erro, na devandita orde, publicada no DOG nº 22, do mércores, 2 de febreiro de 2000, cómpre efectua-la oportuna corrección:

Na páxina 1.373, no punto 1 do artigo 7º, onde di: «Para poder participar nestes procesos de selección será imprescindible posuí-la titulación académica esixida nos correspondentes programas validados polo Consello Xeral de Formación Profesional ou, no caso de non existir eses programas, capacidade profesional equivalente na ocupación relacionada co curso», debe dicir: «Para poder participar nestes procesos de selección será imprescindible posuí-la titulación académica e/ou a capacitación profesional esixida nos correspondentes programas validados polo Consello Xeral de Formación Profesional. No caso de non existir programas, os requisitos que se consideren necesarios para a impartición dos cursos».