Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 2000 Páx. 3.026

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do transporte de viaxeiros por estrada.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do transporte de viaxeiros por estrada (código 2700515), da provincia de Lugo, asinado o día 25 de novembro de 1999, pola representación da asociación e das centrais sindicais CIG, UGT e CC.OO., e de conformidade co disposto no artigo 9.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 31 de xaneiro de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo de transportes de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo 1999-2000

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

As estipulacións do presente convenio obrigan a totalidade das empresas e traballadores dedicados a actividades do transporte de viaxeiros por estrada de Lugo, así como ó persoal que, en adiante, forme parte dos seus cadros de persoal.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo regula as relacións laborais entre as empresas dedicadas ó transporte de viaxeiros na provincia de Lugo e o persoal que preste os seus servicios, quedando excluídos das disposicións deste convenio as persoas que desempeñan cargos de alta dirección a que se refire o vixente Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

O presente convenio afecta a Lugo e provincia así como ós centros de traballo situados nela, aínda que as empresas tiveran o seu domicilio social en provincia distinta.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

A vixencia do presente convenio colectivo será desde o 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro de 2000.

Artigo 5º.-Denuncia.

Rematada a vixencia do presente convenio colectivo, enténdese o mesmo automaticamente denunciado, sen necesidade de ningunha formalidade.

Artigo 6º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas, forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

En caso de nulidade parcial por modificación de calquera das condicións, quedará a súa totalidade, sen eficacia práctica, negociándose todo o seu contido, quedando en tanto vixente o anterior convenio.

Artigo 7º.-Absorción e compensación.

Tódalas melloras contidas neste convenio teñen o caracter de mínimas, dentro das condicións pactadas, respectándose as condicións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás convidas, manténdose ad personan en cado excedan das pactadas.

En ningún caso serán absorbibles polas melloras estipuladas neste convenio, os suplidos por gastos que as empresas viñan satisfacendo ós seus traballadores.

Artigo 8º.-Lexislación supletoria.

En tódolos aspectos que non estean desenvolvidos no presente convenio colectivo observarase o disposto no Estatuto dos traballadores, Real decreto 561/1995, convenio da OIT nº 135, Regulamento CEE nº 3820/1985, como norma supletoria e demais disposicións legais de xeral aplicación. A ordenanza laboral de transportes por estrada, asumirase como corpo do convenio, podendo ser modificados estes aspectos só se se acorda entre as partes en convenios posteriores.

Artigo 9º.-Xornada de traballo para o persoal de movemento.

A xornada ordinaria de traballo será de 1.800 horas anuais, en cómputo trimestral de 450 horas, considerándose como horas extraordinarias a que excedan da dita xornada; respectándose en todo caso, a normativa vixente en materia de conducción.

O tempo total de conducción non poderá exceder de nove horas diarias, agás dúas veces por semana, que poden chegar a dez horas, sendo de aplicación os Regulamentos da CEE 3820/1985 e 3821/1985, así como o Real decreto 1561/1995.

Descanso diario: once horas consecutivas, non obstante, pode reducirse o descanso diario de once a nove horas, tres veces por semana, pero á semana seguinte haberá que compensa-lo descanso non tomado. Tamén o descanso de once horas se pode substituír por un descanso tomado en dous ou tres períodos durante as vintecatro horas, sendo un dos períodos, como mínimo, de oito horas, entón o descanso diario pasa a doce horas.

Nos transportes interurbanos ningún traballador poderá condicir de maneira inenterrompuda máis de catro horas sen facer unha pausa, salvo que a conducción de media hora máis permita a chegada ó punto de destino.

A duración mínima da pausa será de corenta e cinco minutos, sendo susceptibles de fraccionamento ó longo do tempo de conducción.

O posible exceso de horas de trabalo efectivo no cómputo inferior ó trimestre, poderá compensarse co tempo de descanso, non tendo a consideración de extraordinaria sempre que non excedan da xornada establecida en cómputo trimestral.

Artigo 10º.-Definición do tempo de traballo.

1. Para o persoal en movemento.

a) Traballo efectivo:

-A conducción durante a circulación do vehículo.

-Os traballadores auxiliares que fagan en relación co vehículo, os viaxeiros ou a súa carga.

b) Tempo de presencia:

Será tempo de presencia aquel período de xornada no que o traballador, aínda que non preste traballo efectivo, se atope á disposición da empresa, tanto nos locais comono vehículo.

Terán a consideración de tempo de presencia as gardas, reténs, expectativas, avarías, (sempre que non participe de forma efectiva e material), esperas, comidas en ruta e outras similares nas que o/a traballador/a, aínda que non preste traballo efectivo, se atope á disposición da empresa.

O tempo de presencia non excederá de 40 horas bisemanais.

As horas de presencia non se computarán para efectos de horas extraordinarias, sen prexuízo de que a súa remuneración sexa de igual contía que as horas ordinarias. Poderán, sen embargo, computarse para efectos de xornada cando se realicen menos horas de traballo efectivo que as legalmente autorizadas, neste caso poderán ser computadas para efectos de completa-la xornada.

c) Tempo de espera:

Terá a consideración de tempo de espera aquel no que o traballador non está suxeito á vixilancia do vehículo, nas localidades que non sexan principio e fin de traxecto.

Computarase o 50% e aboarase como o tempo de presencia. Considerarase que o traballador non está suxeito a vixilancia do vehículo cando poida dispoñerse libremente do seu tempo por non estar á disposición da empresa.

As esperas en localidades de principio ou fin de traxecto, fóra da residencia do traballador ou do lugar da súa toma habitual do servicio, non computarán para efectos da xornada, nin como traballo efectivo, nin como tempo de presencia.

2. Para o resto do persoal.

O tempo de traballo computarase de xeito que tanto ó comezo como ó remate da xornada diaria, o traballador se atope no seu posto de traballo.

Artigo 11º.-Descanso semanal e festivo.

Os traballadores terán dereito a un descanso mínimo semanal de día e medio ininterrompido; que por acordo ou pacto entre empresa e traballadores poderán acumularse mensualmente.

As festas laborables que terán caracter retribuído e non recuperable, serán de catorce ó ano, das cales dúas serán locais.

Cando excepcionalmente e por razóns técnicas ou organizativas, non se puidera desfrutar do día de festa correspondente ou se é o caso do descanso semanal, a empresa, poderá optar entre proporcionar un descanso compensatorio ó traballador dentro dos 30 días seguintes, ou aboarlle-los salarios correspondentes cun incremento do 75%.

Todos aqueles traballadores que traballen a quendas con descansos rotativos de dous días, terán que coincidir un deles en domingo, como mínimo unha vez ó mes, en cómputo bimensual.

Artigo 12º.-Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio colectivo desfrutarán de 30 días naturais de vacacións, dentro do ano natural, sen distinción de antigüidade

ou categoría profesional, de acordo coa normativa laboral vixente. O seu desfrute non se poderá iniciar en días nin de descanso semanal nin en días festivos.

Para os traballadores que ingresen ou rematen o seu contrato non transcurso do ano, ratearanse os días de vacacións en función do tempo de prestación de servicios.

As empresas e os representantes legais dos traballadores, en ausencia destes, procurarán pactar un calendario de vacacións non tres primeiros meses do ano.

Artigo 13º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais no caso de casamento.

b) Dous días nos casos de nacemento dun fillo ou enfermidade grave, ou falecemento de parentes atao seguinte grao de consanguinidade ou afinidade. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento por tal efecto o prazo será de catro días.

c) Un día por casamento de pais ou fillos do trballador.

d) Un día por traslado do domicilio habitual.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, coas peculiariedades que establece o Estatuto dos traballadores e demais disposicións de aplicación.

f) Dous días de asuntos propios con obrigatoriedade de comunicarlle á empresa con 48 horas de antelación.

Artigo 14º.-Formación profesional.

De xeito unánime vénse recoñecendo a formación profesional continua dos traballadores ocupados, un valor estratéxico para mellora-la competitividade das empresas, por todo isto, en cumprimento e desenvolvemento do acordo nacional da formación continua, subscrito o 16 de decembro de 1992, as partes acordan:

* Creación dunha comisión mixta paritaria no ámbito contractual, para a aplicación, seguimento e desnvolvemento do acordo mencionado anteriormente. A vixencia desta comisión será a da vixencia do acordo.

As súas funcións serán:

a) A promoción de plans, organización, xestión, distribución de fondos, ou se é o caso, execución das accións formativas e xustificación destas, así como a regulación e concesión de permisos para a formación, previstos no texto do acordo nacional.

b) Calquera outra función que as partes acorden por unanimidade.

-No prazo dun mes, desde a sinatura do convenio, deberase constituí-la citada comisión, dotándose das súas propias normas de funcionamento.

-De acordo co previsto na disposición derradeira do acordo nacional sobre formación continua, procédese a súa inserción como anexo ó presente convenio colectivo.

Artigo 15º.-Permiso de conducir.

Os conductores a quen, como consecuencia de conducir un vehículo da empresa por orde e conta desta se lles retire o seu permiso de conducción por tempo non superior a 182 días, serán destinados durante este tempo a outro traballo aínda que sexa de categoría profesional inferior, nalgúns dos servicios de que dispoña a empresa e seguirá percibindo o salario que lle corresponda á súa categoría.

O disposto no presente artigo non será de aplicación nos casos de reincidencia dentro da vixencia do convenio, quedando excluídos deste beneficio os conductores que se virán privados do permiso de conducir como consecuencia do consumo de drogas ou a inxestión de bebidas alcohólicas, no exceso sobre o permitido pola lei.

Artigo 16º.-Compensación no caso de baixa.

As empresas completarán a diferencia entre a compensación percibida con cargo á Seguridade Social por incapacidade laboral transitoria, e o salario base deste convenio cando aquela estea motivada por accidente de traballo con hospitalización; no caso de non producirse hospitalización, o complemento citado aboarase cun máximo de 70 días.

No caso de baixa por enfermidade común, as empresas complementarán a diferencia entre a compensación percibida e o 80% do salario.

Artigo 17º.-Poliza de seguros.

As empresas compendidas no ámbito funcional deste convenio, concertarán as seguintes pólizas:

a) Personal de movemento.

Para estes traballadores, aplicarase a poliza de seguros que establece a Lei e o Regulamento do seguro obrigatorio de viaxeiros, senso a súa contía, en caso de morte 6.000.000 de ptas. e de 7.000.000 de ptas., no caso de invalidez permanente, nos supostos de accidente producidos no autocar.

b) Resto do persoal.

Exclusivamente para o persoal de non-movemento contratarase unha póliza de seguros cunha entidade aseguradora que cubra a contía de 2.500.000 ptas. en caso de morte por accidente laboral e de 3.500.000 ptas. no caso de invalidez permanente absoluta, derivada así mesmo de accidente laboral.

Artigo 18º.-Gastos de traslado por falecemento en accidente de traballo ou incapacidade do traballador.

No caso de que un traballador en comisión de servicio fóra da súa residencia habitual, morra ou quede imposibilitado para volver á súa residencia, a empresa farase cargo do traslado ata o seu domicilio acompañado de dous familiares, no caso de que estes gastos non estivesen cubertos por un seguro ou fosen imputables a terceiros.

Artigo 19º.-Xubilación anticipada.

Os traballadores que, con dez anos de antigüidade como mínimo na empresa, decidan voluntariamente xubilarse, de forma adiantada, sempre e cando exista acordo entrambos, percibirán unha gratificación mínima consistente nas contías seguintes:

Ano 1999Ano 2000

Ós 60 anos de idade1.361.869 ptas.1.394.791 ptas.

Ós 61 anos de idade1.136.647 ptas.1.165.063 ptas.

Ós 62 anos de idade 927.229 ptas. 950.410 ptas.

Ós 63 anos de idade 825.814 ptas. 846.459 ptas.

A solicitude deberá efectuala o traballador cun mes de antelación ó cumprimento da idade na que pretende acollerse a estes beneficios.

A xubilación será forzosa ó cumpri-lo traballador os 65 anos, sen excepción, sempre que reúna os requisitos esixidos pola Seguridade Social sobre períodos de carencia, en ateción ás melloras e condicións pactadas neste convenio.

Sempre que exista acordo previo e para cada caso concreto, entre empresa e traballador, este poderá acollerse á xubilación anticipada ós 64 anos que regula o Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

Artigo 20º.-Servicio militar.

Cando un traballador teña que incorporarse para cumpri-lo servicio militar obrigatorio, a contía que a empresa deberá aboarlle en concepto de paga de beneficios e 50% das pagas de xullo e Nadal, correspondente ó período do servicio militar, será de 156.056 para o ano 1999 e de 159.957 para o ano 2000, e que a empresa lle fará efectiva no momemto de se incorporar a filas.

Artigo 21º.-Maternidade.

Excedencias: os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos, para atender ó coidado de cada fillo, contado desde a data de nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, poñerá remate ó que se estivese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercitar este dereito.

Durante o primeiro ano, desde o comezo de cada situación de excedencia, o traballador terá dereito á reserva do seu posto de traballo e a que o dito período lle sexa computado para efectos de antigüidade. Rematado este, e ata a finalización do período de excedencia, serán de aplicación, salvo pacto colectivo ou individual en contra, as normas que regulan a excedencia voluntaria.

Suspensión: no suposto de parto, a suspensión terá unha duración de 16 semanas, ampliable por parto múltiple ata 18 semanas. O período de suspensión distribuirase á opción da interesada sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto, podendo facer uso destas o pai para o coidado do fillo, no caso de falecemento da nai.

No non previsto aplicarase o disposto no artigo 48.4º do Estatuto dos traballadores e a Lei 39/1999,

do 5 novembro, en canto ó seu contido que modifique normas de carácter laboral.

Lactación: as traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai, no caso de que ámbolos dous traballen.

Artigo 22º.-Excedencias.

A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa.

1. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto e ó computo da antigüidade da súa vixencia, concederase:

a) Pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo.

b) A quen ostente cargos electivos a nivel provincial, autonómico ou estatal nas organizacións sindicais máis representativas, que así mesmo imposibiliten a asistencia ó traballo. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público ou sindical.

2. O traballador cunha antigüidade dun ano, polo menos, ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito, só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se trascorreron catro anos desde o final da anterior excedencia. O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou que se producise na empresa.

Artigo 23º.-Viaxes para xubilados.

O persoal xubilado polas empresas do presente convenio terá dereito a oito viaxes ó ano, incluído o seu cónxuxe, nos servicios da empresa na que prestase os seus servicios no momento da súa xubilación. Para tal efecto, as empresas afectadas estenderán os correspondentes pases ós beneficiarios que os soliciten.

Artigo 24º.-Roupa de traballo.

Tódalas empresas, á parte do uniforme que entregarán ós seus traballadores, entregarán especialmente ó persoal de taller, as seguintes pezas de roupa ó ano como mínimo; dúas fundas e calzado adecuado cando o traballo o requira. Os conductores que realicen viaxes interurbanas percibirán unha funda ó ano. As empresas entregarán ademais anualmente uniforme de verán e de inverno para todo o persoal.

Artigo 25º.-Salarios.

Para o ano 1999 establécese unha suba en tódolos conceptos, tanto salariais como extrasalariais, equivalente ó 2,5%.

Para o ano 2000 establécese unha suba para tódolos conceptos, tanto salariais como estrasalariais, equivalente ó 2,5%.

Artigo 26º.-Revisión salarial.

No caso de que o IPC (índice de prezos ó consumo) establecido polo INE, rexistrase ó 31 de decembro de 2000, un incremento superior ó 2,5%, efecutarase automaticamente unha revisión salarial tan pronto se constate oficialmente esta circunstancia, na contía exacta do exceso porcentual sobre o citado 2,5%.

Tal incremento aboarase con efectos do 1 de xaneiro de 2000 e para levalo a cabo, tomaranse como referencia os salarios ou táboas utilizadas para realiza-los aumentos pactados para 1999.

As cantidades resultantes aboaranse na nómina do mes seguinte da constatación oficial do índice motivador da revisión.

Artigo 27º.-Antigüidade.

Os traballadores, en función do tempo de permanencia na empresa, teñen dereito a unha promoción económica nos termos seguintes:

Con 2 anos, o 5% do salario base.

Con 4 anos, o 10% do salario base.

Con 9 anos, o 20% do salario base.

Con 14 anos, o 25% do salario base.

Con 15 anos, o 30% do salario base.

Con 19 anos, o 40% do salario base.

Con 24 anos, o 50% do salario base.

Con 29 anos, ou máis, o 60% do salario base.

Todo isto enténdese sen prexuízo dos dereitos adquiridos.

Artigo 28º.-Pagas extraordinarias.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a tres pagas extraordinarias de participación en beneficios, xullo e Nadal.

O importe de cada unha delas será o correspondente a unha mensualidade equivalente a 30 días de salario máis antigüidade, e aboarase respectivamente na segunda decena dos meses de marzo, xullo e decembro, salvo pacto en contrario.

Artigo 29º.-Horas extraordinarias.

Tendo en conta a existencia dun gran número de traballadores en paro tenderase á eliminación das horas extraordinarias. Así mesmo as empresas terán que respectar escrupulosamente os topes existentes marcados pola lei, e o seu aboamento será segundo a lei; en ningún caso o incremento será inferior ó 75% sobre o salario que corresponda a cada hora ordinaria.

Artigo 30º.-Complemento de nocturnidade.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as dez da noite e as seis da mañá, salvo que o salario se establecese atendendo a que traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, terá unha retribución específica incrementada, como mínimo dun 25% sobre o salario base, proporcionalmente ó tempo traballado.

Artigo 31º.-Conductor-perceptor.

O conductor-preceptor cando desempeñe simultaneamente as funcións de conductor e cobrador per

cibirá ademais da remuneración correspondente á súa categoría, un complemento salarial dun 20% máis sobre o seu salario base por cada día que realice ambas funcións.

O cobro do referido 20% terá dereito o conductor-perceptor en razón ó tempo desenvolvido no exercicio da súa función como tal conductor-perceptor, a distribución de tempo será facultativa pola empresa.

A empresa que non desexe que o conductor-perceptor efectúe as funcións de cobranza, poderá establece-la fórmula que se vai aplicar, entón non percibirá a retribución por tal función.

Artigo 32º.-Complemento de presencia.

Dada a dificultade de determina-las horas de presencia, no caso individual, as partes acordan, un pagamento global destas de 8.713 ptas. mensuais para o ano 1999 e de 8.931 ptas. para o ano 2000, sempre e cando, sumando as horas efectivas, tempo de presencia e tempo de espera, exceda a xornada laboral establecida, ou a realización de horas de presencia e de espera, entendendo que ó excede-la xornada laboral con horas efectivas dará lugar o pagamento das correspondentes horas estructurais ou extraordinarias. Este complemento non se aboará durante as vacacións e durante os períodos de baixa por enfermidade ou accidente, a excepción dos casos nos que a baixa sexa como consecuencia de accidente producido durante o tempo de traballo efectivo, presencia ou espera.

Artigo 33º.-Complemento de transporte.

Establécese con carácter extrasalarial un complemento de transporte para tódolos traballadores, consistente en 3.034 ptas. ó mes para o ano 1999 e en 3.110 ptas. ó mes para o ano 2000.

Artigo 34º.-Axudas de custo.

Dará dereito á percepción da axuda de custo completa a realización dun servicio que obrigue ó traballador a comer, cear e pernoitar fóra da súa residencia habitual.

Á parte da axuda de custo correspondente á cea, percibirase cando o servicio realizado obrigue a efectuala fóra da súa residencia habitual, ou, en todo caso, cando o productor saia antes das 20 horas e regrese despois das 22 horas.

A parte da axuda de custo correspondente ó xantar percibirase cando o servicio realizado obrigue a efectualo fóra da residencia habitual e, en todo caso, cando o productor saia antes das 12 e retorne despois das 14 horas.

As axudas de custo que se lle pagarán ó persoal que se despraza do seu lugar de residencia habitual por neesidade do servicio, serán as seguintes:

Servicios regulares: axudas de custo completa 3.970 ptas. para o ano 1999 e 4.070 ptas. para o ano 2000 desagregadas da seguinte maneira:

Ano 1999Ano 2000

Comida:1.215 ptas.1.245 ptas.

Cea:1.215 ptas.1.245 ptas.

Pernoitación:1.540 ptas.1.580 ptas.

Servicios discrecionais: axuda de custo completa para todo o territorio estatal e Portugal 6.280 ptas. para o año 1999 y 6.440 para o ano 2000, desagregadas da forma seguinte:

Ano 1999Ano 2000

Comida:1.965 ptas.2.015 ptas.

Cea:1.965 ptas.2.015 ptas.

Pernoitación:2.350 ptas.2.410 ptas.

Para o extranxeiro, excepto Portugal, a axuda de custo completa será de 9.180 ptas. para o ano 1999 e de 9.410 ptas. para o ano 2000.

Artigo 35º.-Quebranto de moeda.

Establécese en 2.800 ptas. para o ano 1999 e en 2.870 para o ano 2000, para todo o persoal que teña que manexar fondos ata 250.000 pesetas ó mes e en 3.191 ptas. para o ano 1999 e en 3.271 ptas. para o ano 2000 para o persoal que manexe fondos desde 250.001 pesetas ó mes.

Artigo 36º.-Atrasos de convenio.

Como queira que o presente convenio para efectos económicos se retrotrae ó día 1 de xaneiro de 1999, os atrasos serán aboados polas empresas nun prazo máximo de 60 días a partir da sinatura deste acordo, ou ós 30 días da publicación no BOP ou DOG, sexa cal sexa a máis beneficiosa para o traballador.

Artigo 37º.-Seccións sindicais e delegados de persoal.

a) As partes asinantes deste convenio colectivo ratifican a súa condición de interlocutores válidos e recoñécense así mesmo como tales para instrumentar a través das súas organizacións unhas relacións laborais baseadas no respecto mutuo e tendentes a facilita-la resolución de cantos conflictos e problemas xurdan nas empresas do sector.

b) Os representantes sindicais poderán no ámbito da empresa ou do centro de traballo:

-Realizar reunións logo de notificación ó empresario, recadar cotas e distribuír información sindical fóra das horas de traballo e sen perturba-la actividade normal da empresa.

-Recibi-la información que lle remita o seu sindicato.

c) Coa finalidade de facilita-la difusión daqueles avisos que poidan interesar ós afiliados e ós traballadores en xeral, a empresa poñerá á súa disposición un taboleiro de anuncios, que se deberá situar dentro do centro de traballo nun lugar onde se garante un axeitado acceso a este dos traballadores.

d) Quen teña cargos electivos a nivel provincial, autonómico ou estatal, nas organizacións sindicais máis representativas, terán dereito a desfrutaren dos permisos non retribuídos precisos para o desenvolvemento das funcións sindicais propias do seu cargo podéndose establecer por acordo limitación ó desfrute destes en función das necesidades do proceso productivo.

Artigo 38º.-Control da contratación.

Aplicarase o disposto na Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, dos dereitos de información dos representantes legais dos traballadores en materia de contratación.

Artigo 39º.-Competencia dos membros do comité de empresa e delegados de persoal.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis vixentes, recoñéceselles ós representantes dos traballadores o dereito a seren informados pola dirección da empresa de:

1. Todos aqueles problemas de carácter colectivo que afecten os traballadores en xeral. Así mesmo, serán informados e oídos pola empresa con carácter previo nos seguintes casos:

-Reestructuración do cadro de persoal.

-Peches totais ou parciais, definitivos ou temporais.

-Traslado da empresa total ou parcial.

-Implantación ou revisión de sistemas de organización de traballo.

-Fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa.

-Sancións impostas a traballadores.

2. Toda a información facilitada polas partes entenderase como materia reservada e veranse obrigadas a gardar sixilo profesional.

Artigo 40º.-Acumulación de crédito horario.

O crédito horario retribuído, do que gozan os delegados de persoal ou membros do comité de empresa dunha mesma empresa, poderán acumularse nun ou varios deles, sempre que pertezan á mesma central sindical, aínda que iso permita libera-la súa actividade laboral, total o parcialmente, a calquera deles.

O acordo de acumulación e a designación da persoa ou persoas a que se lles van aplica-las horas retribuídas serán comunicadas polo responsable do sindicato baixo as listas ou siglas nas que foron elixidos os representantes dos traballadores que desexen acumula-las súas horas.

Artigo 41º.-Comisión paritaria.

Para interpreta-lo contido deste convenio, vixia-lo seu cumprimento ou exerce-las funcións de arbitraxe nos problemas ou funcións suscitados como consecuencia da súa aplicación, noméase unha comisión paritaria, formada polas centrais sindicais e a organización empresarial asinantes do presente convenio, en número de cinco por cada unha das partes.

A comisión paritaria reunirase, á petición de calquera das partes, nun prazo máximo de dez días.

As funcións ou actividades da comisión mixta paritaria, serán previas, pero en ningún caso obstruirán a competencia da xurisdicción laboral.

Artigo 42º.-Contratos de duración determinada.

Os contratos de duración determinada, regulados no artigo 15.b do Estatuto dos traballadores, por

circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, poderán ter unha duración máxima de dez meses, dentro dun período de doce meses.

Disposicións adicionais

Primeira.-Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos coinflictos laborais a elaboración do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución dos conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CIG, as partes asinantes deste convenio durante a vixencia do mesmo, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas.

Segunda.-As partes asinantes do presente convenio manifestan o seu interese en formaliza-la negociación do convenio galego do transporte de viaxeiros para o ano seguinte.

Táboa salarial do convenio colectivo de transporte de viaxeiros de Lugo 1999

Categoría

Salario mes/día

Salario anual

Grupo I
Xefe de servicio151.0332.265.495
Inspector principal132.1841.982.760
Enxeñeiro e licenciado138.6662.079.990
Enxeñeiro técnico e auxiliar106.2711.594.065
Axudante técnico sanitario97.2361.458.540

Grupo II
Xefe de estación ou de sección110.1921.652.880
Xefe de negociado102.3361.535.040
Oficial de primeira95.8801.438.200
Oficial de segunda91.0301.365.450
Auxiliar administrativo90.3921.355.880
Aspirante 16 e 17 anosS.M.I.

Grupo III
Xefe de estación de primeira114.1221.711.830
Xefe de estación de segunda108.8841.633.260
Xefe de administración de primeira114.4251.716.375
Xefe de administración de segunda108.8861.633.290
Xefe de administración en ruta104.1331.561.995
Vendedor de billetes88.1961.322.940
Factor2.9831.357.365
Encargado de consigna88.1961.322.940
Repartidor de mercadorías2.9221.329.510
Mozo2.9221.329.510
Xefe de tráfico de primeira115.0981.726.470
Xefe de tráfico de segunda108.8861.633.290
Xefe de tráfico de terceira103.6441.554.660
Inspector3.2791.491.945
Conductor3.2211.465.555
Conductor-receptor3.2211.465.555
Cobrador2.9431.339.065
Encargado xeral de primeira114.1221.711.830
Encargado de segunda108.8861.633.290
Encargado de almacén103.6461.554.690
Engraxador lavacoches2.9221.329.510
Garda de noite2.9221.329.510
Garda de día2.9221.329.510
Mozo2.9221.329.510
Encargado de primeira114.1221.711.830
Encargado de segunda108.8861.633.290
Engraxador2.9221.329.510
Mozo de servicio2.9221.329.510

Categoría

Salario mes/día

Salario anual

Grupo IV
Xefe de taller119.2241.788.360
Encargado-contramestre102.1391.532.085
Encargado de almacén94.7811.421.715
Xefe de equipo3.4071.550.185
Encargado xeral99.7761.196.640
Oficial 1ª ou conductor mecánico3.2791.491.945
Oficial de segunda3.1101.415.050
Oficial de terceira2.9861.358.630
Mozo de taller2.9221.329.510
Aprendiz de 1º, 2º, 3º, 4º anoS.M.I.

Grupo V
Cobrador de facturas87.5671.313.505
Telefonista87.5671.313.505
Porteiro87.5671.313.505
Vixilante87.5671.313.505
Recepcionista2.9431.339.065
Limpadora (hora)412
Mozo dos recados de 16 a 17 anosS.M.I.

Táboa salarial do convenio colectivo de transporte de viaxeiros de Lugo 2000

Categoría

Salario mes/día

Salario anual

Grupo I
Xefe de servicio154.8092.322.135
Inspector principal135.4892.032.335
Enxeñeiro e licenciado142.1332.131.995
Enxeñeiro técnico e auxiliar108.9281.633.920
Axudante técnico sanitario99.6671.495.005

Grupo II
Xefe de estación ou de sección112.9471.694.205
Xefe de negociado104.8951.573.425
Oficial de primeira98.2771.474.155
Oficial de segunda93.3061.399.590
Auxiliar administrativo92.6521.389.780
Aspirante 16 e 17 anosS.M.I.

Grupo III
Xefe de estación de primeira116.9751.754.625
Xefe de estación de segunda111.6061.674.090
Xefe de administración de primeira117.2861.759.290
Xefe de administración de segunda111.6081.674.120
Xefe de administración en ruta106.7361.601.040
Vendedor de billetes90.4011.356.015
Factor3.0581.391.390
Encargado de consigna90.4011.356.015
Repartidor de mercadorías2.9951.362.748
Mozo2.9951.362.748
Xefe de tráfico de primeira117.9761.769.640
Xefe de tráfico de segunda111.6081.674.120
Xefe de tráfico de terceira106.2351.593.525
Inspector3.3611.529.255
Conductor3.3021.502.410
Conductor-receptor3.3021.502.410
Cobrador3.0171.372.735
Encargado xeral de primeira116.9751.754.625
Encargado de segunda111.6061.674.090
Encargado de almacén106.2371.593.555
Engraxador lavacoches2.9951.362.748
Garda de noite2.9951.362.748
Garda de día2.9951.362.748
Mozo2.9951.362.748
Encargado de primeira116.9751.754.625
Encargado de segunda111.6061.674.090
Engraxador2.9951.362.748
Mozo de servicio2.9951.362.748

Grupo IV
Xefe de taller122.2051.833.075
Encargado-contramestre104.6931.570.395

Categoría

Salario mes/día

Salario anual

Encargado de almacén97.1511.457.265
Xefe de equipo3.4921.588.860
Encargado xeral102.2711.534.065
Oficial 1ª ou conductor mecánico3.3611.529.255
Oficial de segunda3.1881.450.540
Oficial de terceira3.0611.392.755
Mozo de taller2.9951.362.725
Aprendiz de 1º, 2º, 3º, 4º anoS.M.I.

Grupo V
Cobrador de facturas89.7561.346.340
Telefonista89.7561.346.340
Porteiro89.7561.346.340
Vixilante89.7561.346.340
Recepcionista3.0171.372.735
Limpadora (hora)422
Mozo dos recados de 16 a 17 anosS.M.I.