Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 2000 Páx. 3.026

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 20 de xaneiro de 2000, conxunta da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal de institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 23, do 3 de febreiro de 2000, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina nº 1.425, actividade formativa nº 4: taller de exploración neurolóxica, na columna «horario» correspondente á edición da X.A.P. de Santiago, onde di: «16.30-20.30», debe dicir: «16-21».

-Na páxina nº 1.426, actividade formativa nº 9: infección nosocomial, na columna «datas» correspondente á edición do C. H. de Ourense, onde di: «22, 23, 24, 25 de maio», debe dicir: «5, 6, 7, 8 de xuño».

-Na páxina nº 1.427, actividade formativa nº 13: coidados paliativos e alternativas no tratamento da dor», as columnas «datas» e «horario» correspondentes ó Hospital Comarcal de Valdeorras substitúense polas seguintes:

Lugar de realización: Hospital Comarcal de Valdeorras.

Datas: 10, 11, 12, 13, 14 de abril.

Horario: 16-21 h.

-Na páxina nº 1.427, actividade formativa nº 14: fundamentos de coidados para auxiliares de enfermería: módulo primeiro de iniciación, onde di: «nº de edicións: 8», debe dicir: «nº de edicións: 7» suprimíndose a edición do Hospital Comarcal de Valdeorras.

-Na páxina nº 1.428, actividade formativa nº 18: dietética e nutrición na saúde e na enfermidade», na columna «datas» correspondente á edición do Hospital Comarcal de Monforte, onde di: «20, 21, 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 de marzo», debe dicir: «16, 17, 18, 19, 20, 23, 24, 25, 26 de outubro», pasando a estar incluída esta edición dentro do punto II.b) da base segunda da dita resolución do 20 de xaneiro, polo que o prazo de presentación de solicitudes rematará o día 24 de xuño do ano 2000.

-Na páxina nº 1.430, actividade formativa nº 29: método Fold da terapia manual, na edición correspondente ó C. H. Xeral-Cíes, as columnas «datas» e «horario» substitúense polas seguintes:

Lugar de realización: C. H. Xeral-Cíes.

Datas: 20, 21, 22 de outubro; 10, 11, 12 de novembro.

Horario: 9-14 e 16-20 h.

-Na páxina nº 1.430, actividade formativa nº 30: manexo de productos inmunobiolóxicos», na columna «horario» correspondente ó Hospital Comarcal de Monforte, onde di: «13.30-20.30», debe dicir: «14.30-20.30».

-Na páxina nº 1.434, actividade formativa nº 45: saúde laboral: aspectos básicos, onde di: «nº de edicións: 7», debe dicir: «nº de edicións: 8» engadíndose unha edición no Hospital Comarcal de Valdeorras, coas seguintes datas e horario:

Lugar de realización: Hospital Comarcal de Valdeorras.

Datas: 5, 6, 7 de xuño.

Horario: 16.30-20.30 h.

-Na páxina nº 1.435, actividade formativa nº 49: financiamento do sistema sanitario. Orzamentos. Contabilidade Contratación administrativa de servicios públicos e obras, na columna «datas» correspondente á edición do C. H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza, onde di: «20, 21, 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 de marzo», debe dicir: «6, 7, 8, 9, 10, 13, 14, 15, 16 de novembro», pasando a estar incluída esta edición dentro do punto II.b) da base segunda da dita Resolución do 20 de xaneiro, polo que o prazo de presentación de solicitudes para esta rematará o día 24 de xuño do ano 2000.