O Pleno do Padroado de Turismo Terras de Trives, en sesión do 23 de febreiro de 2000, aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán o concurso, por procedemento aberto e trámite urxente, da seguinte actuación:
Proxecto Manzaneda: consolidación muralla medieval en Manzaneda e accións no contorno.
O referido prego exponse ó público polo prazo de catro días contados a partir do seguinte ó de inserción deste anuncio no BOP/DOG para que poidan presentarse reclamacións.
Á vez anúnciase o concurso, se ben a licitación se aprazará canto resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.
1. Entidade adxudicadora.
a) Entidade adxudicadora: Padroado de Turismo das Terras de Trives.
b) Tramitación: secretaría do padroado.
c) Expediente: 1/2000/C P.D.T. consolidación muralla medieval en Manzaneda e accións no seu contorno.
2. Obxecto do contrato.
a) Execución das obras e actuación: proxecto Manzaneda: consolidación muralla medieval en Manzaneda e accións no seu contorno.
b) Lugar de execución: Terras de Trives.
c) Prazo de execución: conforme proxectos, fixarase en contrato: Ref.* 5 meses.
3. Tramitación, procedemento, forma.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamentos base das licitacións criterios de selección: prego de condicións-base 2.
Proxecto Manzaneda: consolidación muralla medieval en Manzaneda e accións no contorno: 22.400.000 ptas.
5. Garantía.
Provisional: 2% do orzamento base de licitación.
Definitiva: 4% do orzamento base da licitación.
6. Obtención de documentación e información.
Xerencia do P.D.T.
Horario: 10 a 13.30 horas, de luns a venres.
Teléfono/fax: 988 33 23 77.
E.Mail: PDTRIVES*teleline.es.
Enderezo: San Martiño nº 11, oficina do Plan de Dinamización Turística (32780) A Pobra de Trives-Ourense.
7. Presentacións das ofertas.
Data límite de presentación: rematará ós trece días naturais contados desde o seguinte ó da data de publicación do último anuncio, sexa este no BOP ou no DOG (agás sábado, festivo e domingo, caso no que pasará ó luns ou seguinte día hábil).
Documentación: prego de condicións.
Lugar de presentación: rexistro do Padroado de Turismo das Terras de Trives de 11 a 13.30 horas, de luns a venres (para estes efectos na casa do concello).
Domicilio: Paseo San Roque, 4-1º, 32780-A Pobra de Trives.
Teléfono: 988 33 09 09. Fax: 988 33 10 10.
Prazo no que o licitador mantén a súa oferta:
8. Apertura de ofertas: de conformidade co sinalado no respectivo prego de condicións administrativas.
9. Gastos de anuncio: por conta dos adxudicatarios.
A Pobra de Trives, 24 de febreiro de 2000.
Pedro Fernández Fernández
Presidente