Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.976

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PADROADO DE TURISMO TERRAS DE TRIVES

ANUNCIO de licitación.

O Pleno do Padroado de Turismo Terras de Trives, en sesión do 23 de febreiro de 2000, aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán o concurso, por procedemento aberto e trámite urxente, da seguinte actuación:

Aula de caza e pesca de Chandrexa de Queixa.

O referido prego exponse ó público polo prazo de catro días contados a partir do seguinte ó de inserción deste anuncio no BOP/DOG para que poidan presentarse reclamacións.

Á vez anúnciase o concurso, se ben a licitación se aprazará canto resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Entidade adxudicadora: Padroado de Turismo das Terras de Trives.

b) Tramitación: secretaría do padroado.

c) Expediente: aula de caza e pesca de Chandrexa de Queixa. Expediente-nº 2/2000/C. P.D.T. Chandrexa de Queixa.

2. Obxecto do contrato.

a) Execución das obras e actuación: aula de caza e pesca de Chandrexa de Queixa.

b) Lugar de execución: Terras de Trives.

c) Prazo de execución: conforme proxectos, fixarase en contrato: Ref.* 3 meses.

3. Tramitación, procedemento, forma.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamentos base das licitacións criterios de selección: prego de condicións-base 2.

Aula de caza e pesca en Chandrexa de Queixa: 16.149.563 ptas.

5. Garantía.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento base da licitación.

6. Obtención de documentación e información.

Xerencia do P.D.T.

Horario: 10 a 13.30 horas, de luns a venres.

Teléfono/fax: 988 33 23 77.

E.Mail: PDTRIVES*teleline.es.

Enderezo: San Martiño nº 11, oficina do Plan de Dinamización Turística (32780) A Pobra de Trives-Ourense.

7. Presentacións das ofertas.

Data límite de presentación: rematará ós trece días naturais contados desde o seguinte ó da data de publicación do último anuncio, sexa este no BOP ou no DOG (agás sábado, festivo e domingo, caso no que pasará ó luns ou seguinte día hábil).

Documentación: prego de condicións.

Lugar de presentación: rexistro do Padroado de Turismo das Terras de Trives de 11 a 13.30 horas, de luns a venres (para estes efectos na casa do concello).

Domicilio: Paseo San Roque, 4-1º, 32780-A Pobra de Trives.

Teléfono: 988 33 09 09. Fax: 988 33 10 10.

Prazo no que o licitador mantén a súa oferta:

8. Apertura de ofertas: de conformidade co sinalado no respectivo prego de condicións administrativas.

9. Gastos de anuncio: por conta dos adxudicatarios.

A Pobra de Trives, 24 de febreiro de 2000.

Pedro Fernández Fernández

Presidente