Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

No BOP nº 37 do 23 de febreiro de 2000 publicáronse as bases xerais e específicas de procesos selectivos convocados para cubri-las seguintes prazas e postos de traballo laboral vacantes nesta deputación provincial incluídas en diversas ofertas de emprego público:

Número e características das prazas convocadas:

O número de prazas vacantes, a súa denominación e características, son as seguintes:

a) Prazas de funcionarios:

Unha praza de médico, grupo A, por concurso-oposición libre.

Unha praza de técnico de contabilidade e auditoría, grupo A, por concurso-oposición libre.

Unha praza de asistente social, grupo B, por concurso-oposición libre.

Unha praza de axudante de biblioteca e arquivo, grupo B, por concurso-oposición libre.

Unha praza de técnico medio de protocolo, grupo B, por quenda promoción interna e mediante concurso oposición.

Dúas prazas de técnicos de laboratorio FP-2, rama química, grupo C, por concurso-oposición libre.

Unha praza de administrativo da Administración xeral, grupo C, por quenda promoción interna e mediante concurso-oposición.

Dúas prazas de axiliar de Administración xeral, grupo D, por concurso-oposición libre.

Unha praza de operario de servicios varios, grupo E, por concurso-oposición libre.

b) Postos de traballo laborais:

Un oficial de primeira maquinista offset, por concurso-oposición libre.

A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, ben en calquera das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte á publicación no BOE.

O que se fai público para coñecemento dos interesados.

Pontevedra, 23 de febreiro de 2000.

Manuel Abeledo López

Presidente da Deputación Provincial

de Pontevedra

Rogelio Nicieza de la Cerra

Secretario xeral da Deputación Provincial de Pontevedra