Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2000 pola que se anuncia concurso para a subministración de contedores para recollida de residuos sólidos urbanos.

Obxecto: subministración de contedores para recollida de residuos sólidos urbanos, conforme as características técnicas que figuran no expediente.

Tipo de licitación: fíxase en 20.000.000 de pesetas, IVE incluído.

As características peculiares e a documentación necesaria para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta no Servicio de Contratación.

Plicas: durante 26 días naturais contados a partir do anuncio no BOP.

Fianzas: a provisional do 2% e a definitiva do 4%, ámbalas dúas do tipo de licitación.

Información: Servicio de Contratación da Deputación. Teléfono 986 80 41 01.

Pontevedra, 24 de febreiro de 2000.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado