Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: execución dos traballos consistentes en impartir cursos/talleres de autoestima dirixidos a mulleres para a Concellería da Muller.

Tipo de licitación: 233.333 ptas., IVE incluído, por cada monitor pola duración do total do contrato.

Requisitos:

-Licenciado/a en psicoloxía, especialidade clínica ou intervención socio educativa.

-Experiencia acreditada na impartición de cursos ou actividades análogas.

Prazo de execución: o contrato terá unha duración de catro meses. Os talleres desenvolveranse dous días á semana, dúas horas diarias. O horario deles determinarao a Concellería da Muller.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela das 9 ás 14 horas dentro do prazo de vinteseis días naturais, que comezará a contar e se entenderá aberto desde o día seguinte ó da data derradeira das publicacións que corresponden facer no DOG e no BOP da Coruña.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os que seguen, enumerados por orde decrecente de importancia para os efectos de cualifica-las ofertas:

1. Maior experiencia en prestación de traballos análogos en relación co obxecto: ata 15 puntos.

2. Mellor programa de actividades: ata 10 puntos.

3. Mellor oferta económica: ata 5 puntos.

Garantías: definitiva 4% do tipo de licitación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (secretaría) ás 12 horas, o quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D./Dna... con domicilio en... rúa.. nº... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº..., en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, tomo parte en nome propio (ou en representación de...) na licitación do contrato de:... e xa que logo fago constar:

1) Que ofrezo o prezo de... ptas. que supón unha baixa de... ptas., con respecto ó tipo de licitación.

2) Que coñezo e acepto cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións que rexe a licitación.

3) Que me comprometo a cumprir tódalas disposicións legais en materia de contratación laboral, Seguridade Social e protección á industria nacional.

En... o... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito día hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2000.

O alcalde

Rubricado