Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do segundo tramo da rúa do Cordón.

A Comisión de Goberno, en sesión do día trinta e un de xaneiro do ano dous mil, acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización do segundo tramo da rúa do Cordón, formulado mediante iniciativa particular, por Promociones Abasot, S.L. e, na súa subrogación, por Proinver Rías Baixas, Sociedad Limitada, e redactado polo arquitecto Óscar Pérez Paz, con visado da Delegación Provincial de Pontevedra do COAG con data do 14-5-1999.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que conta este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte o establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá se resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º da Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte daquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren procedente consonte a dereito.

Pontevedra, 10 de febreiro de 2000.

Raimundo González Carballo

Alcalde accidental

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral