Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2000 pola que se anuncia concurso público aberto, por trámite ordinario, para a contratación da asistencia técnica para a realización da auditoría do exercicio económico orzamentario de 1999 no ente público Portos de Galicia.

1. Entidad adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia, praza de Europa nº 5A, 6º e 7º, Área Central, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centrais do ente público Portos de Galicia. Dirección.

c) Número de expediente: SC-SERV-01/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a realización da auditoría do exercicio económico orzamentario de 1999 no ente público Portos de Galicia.

b) División por lotes: non.

c) Lugar de execución: sede central do ente público Portos de Galicia.

d) Prazo de execución: 30 días naturais contados desde a formalización do contrato, prorrogables ata 30 días máis.

3. Modadidade de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 2.900.000 ptas. (IVE incluído).

5. Fianzas.

a) Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación: 58.000 ptas.

b) Fianza definitiva: 4 % do orzamento de licitación: 116.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, nº 5A, 6º e 7º, Área Central, Polígono das Fontiñas.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, C.P. 15707.

Teléfono: 981 54 45 02.

Telefax: 981 54 53 57.

Data límite de obtención de documentos e información: a data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas particulares e de prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural contado desde o día seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou sabado o prazo será prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

Tamén se poderán presentar proposicións por correo administrativo (Organismo Público de Correos e Telégrafos) dentro do prazo indicado de admisión de ofertas, xustificando a data de imposición do envío e anunciándoo ó ente público Portos de Galicia mediante télex ou telegrama o mesmo día, de acordo co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación de 1975.

b) Documentación que se presentará: a esixida no prego de cláusulas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: ante a entidade, domicilio, localidade e código postal especificado no número 6.

d) Prazo durante o que o licitador terá a obriga de mante-la súa oferta: durante 3 meses contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

9. Apertura das ofertas.

Na entidade, domicilio e localidade especificada no punto 6 do presente anuncio.

A mesa de contratación reunirase as 11 horas do décimo día natural, contado dende o seguinte ó fin do prazo de admisión de proposicións expresado neste anuncio. De coincidir en día inhábil ou en sábado o prazo será prorrogado ata as 11 horas do seguinte día hábil.

A mesa de contratación calificará previamente a documentación do sobre A e publicará a continuación no taboleiro de anuncios do ente público Portos de Galicia, Área Central, praza de Europa 5A-6º, C.P. 15707, Santiago de Compostela, o resultado da dita calificación para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2000.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia