Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2000 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a adxudicación da obra que se cita. (Expediente 400/1999).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 400/1999.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: aulas de informática e ampliación da cafetería da Facultade de Ciencias Económicas.

b) Lugar de execución: Vigo.

c) Prazo de execución: 9 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 60.985.012 pesetas.

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Enderezo: r/ Areal, 46 - anexo - 3ª andar. c) Localidade e código postal: Vigo - 36201. d) Teléfono: 986 81 35 56. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación esixible ó contratista: grupo C; subgrupo 2, 3; categoría F.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Areal, 46 - edificio anexo, planta baixa. Localidade e código postal: Vigo - 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo - 36201. d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas. e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 23 de febreiro de 2000.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo