Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que por proposta do Servicio de Medio Ambiente Natural se somete ó trámite de información pública durante un prazo de 15 días a creación do couto de pesca intensiva sen morte Pontillón do Castro, na parroquia de Berducido do concello de Pontevedra.

De acordo co disposto no artigo 15.3º do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, sométese a información pública durante un prazo de 15 días, durante os cales poderán formula-las alegacións que estimen oportunas, a proposta do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural de creación dun couto intensivo de pesca sen morte en Pontillón do Castro na parroquia de Berducido no concello de Pontevedra.

O expediente está á disposición de todos aqueles que puideran ter interese nel na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, na rúa Benito Corbal, 47-5ª planta.

Pontevedra, 7 de febreiro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra