Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.945

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2000 pola que se aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión de prazas de técnicos dos servicios xerais de apoio á investigación e técnicos da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación, convocadas por Resolución do 1 de decembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 5 de xaneiro de 2000).

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, este rectorado, en cumprimento do previsto na base

4.1 da Resolución do 1 de decembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 5 de xaneiro de 2000), pola que se convocan probas selectivas para a provisión de prazas de técnicos dos servicios xerais de apoio á investigación e técnicos da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación vacantes nesta universidade, resolve aproba-la lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos que figura exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (rúa Maestranza, s/n) e no vicerrectorado do Campus de Ferrol (rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto no segundo parágrafo da citada base, os aspirantes disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para emenda-los defectos que teñan motivado a súa exclusión ou omisión.

A Coruña, 8 de febreiro de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña