Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.945

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2000 pola que se aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de analista convocada por Resolución do 29 de novembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 23 de decembro).

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, este rectorado, en cumprimento do previsto na base 4.1 da Resolución do 29 de novembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 23 de decembro), pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de analista vacante nesta universidade, resolve aproba-la lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos que figura exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (rúa Maestranza, s/n) e no vicerrectorado do Campus de Ferrol (rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto no segundo parágrafo da citada base, os aspirantes disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación desta reso

lución no Diario Oficial de Galicia, para emenda-los defectos que teñan motivado a súa exclusión ou omisión.

A Coruña, 4 de febreiro de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña