Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.944

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, relativo á conclusión do concurso-oposición.

O punto 1 da base sétima da Resolución do 23 de xullo de 1997 (DOG nº 146, do 31 de xullo) modificada por resolución da División de Recursos Humanos do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 1999) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, dispón que rematadas as probas selectivas, o tribunal elevará á Dirección Xeral de Recursos Humanos o acordo que conteña a relación alfabetizada de aspirantes, que superaron o concurso-oposición, indicando a puntuación obtida en cada unha das fases e a puntuación total que será a suma

de ámbalas dúas. A Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución declarando concluso o concurso-oposición e a dita relación de aspirantes seleccionados coa súa orde de puntuación.

Adoptado acordo ó respecto polos respectivos tribunais, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, polo que

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar rematado o dito proceso selectivo e publicar, no anexo desta resolución, as puntuacións obtidas polos aspirantes na fase de oposición e na fase de concurso, das clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, así como a súa orde final de selección.

Segundo.-Abri-lo prazo de vinte días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, para que os aspirantes seleccionados presenten a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do DNI.

b) Fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso na correspondente clase, segundo o disposto na base segunda A) 5, da convocatoria.

c) Declaración xurada ou promesa de non ser separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

d) Certificado médico en modelo oficial, acreditativo de non estar afectado por limitacións físicas ou psíquicas que o imposibiliten para o desempeño das funcións correspondentes á praza que vaia desempeñar.

e) Declaración xurada ou promesa de que non incorre en incompatibilidade consonte a lexislación vixente.

Os aspirantes aprobados que tiveran a condición de persoal fixo, por calquera vínculo ó servicio das administracións públicas ou dos servicios de saúde, estarán exentos de acredita-las condicións e requisitos xa xustificados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do organismo de que dependan acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal. En todo caso, achegarán os documentos a que fan referencia os parágrafos c) e d) anteriores.

A documentación dirixirase ó director xeral da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde e poderá presentarse en calquera dos organismos previstos no punto 4 da base terceira da convocatoria.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

ANEXO

Apelidos e nomeDNIOposiciónConcursoTotalOrde

* Inspectores médicos
Agras García, Mª Dolores76.407.268151,8464,5216,3414
Alija Rodríguez, José09.250.645145,6690235,666
Alonso García, Margarita33.830.887117,0451168,0423
Areoso Fernández, Isabel32.424.427154,8090244,804
Ares Martínez, Jesús Santiago76.563.067150,2352,5202,7319
Fernández-Arruti López, Bibiano33.220.682111,7282,5194,2221
García Fernández, Mª Dolores10.571.364137,1990227,1910
Gómez Pombo, Mª Celsa76.519.307128,6040,5169,1022
González Moure, Lourdes Fátima34.938.214155,3290245,323
Granados Cabezas, Jesús Antonio32.427.658118,8390208,8317
Jiménez Lasheras, José Ignacio16.785.268142,7690232,767
Larriba García, Antonio35.249.808140,3290230,329
Martín Biedma, Mª Inmaculada76.510.664129,4890219,4812
Martín Hernández, Esther06.980.803128,4390218,4313
Martínez-Romero Fernández, Juan32.414.017116,1790206,1718
Moreno Expósito, Miguel Ángel33.833.415119,8490209,8416
Moreno Molinero, Mª Jesús (P.I.)36.043.589156,850156,8525
Pereira Fernández, Carlos34.919.753133,9090223,9011
Pérez Orozco, Julio César33.845.234178,8090268,801
Pose Mesura, Modesto76.328.420151,6479,5231,148
Ramón Diez, Celia32.417.185124,0040,5164,5024
Romero Miguel, José Luis32.778.007117,9579,5197,4520
Sánchez Fernández, Ana Mª35.258.349158,6590248,652
Sánchez Sellero, Inés32.646.050133,4016,5149,9026
Vila Domínguez, Mª Amelia34.921.531153,5890243,585
Vilar López, Antonio33.848.085134,8975209,8915

* Inspectores farmacéuticos
Vázquez Mourelle, Raquel76.364.988139,420139,421

* Subinspectores sanitarios
Barros Barros, Josefa35.291.923124,7570,80195,551
Braña Montoto, Mª Gloria35.290.076105,3346.80152,136
González Lorenzo, Juan Manuel33.275.314120,0040.80160,805
Gradín Salgado, Adelaida33.257.62899,0862.40161,484
Mallen Tejada, Mª Pilar36.033.768115,3370.80186,132
Pintos García, María33.273.626123,5862.40185,983
Piñeiro Abeledo, Mercedes32.626.44693,08093,087