Expirado o prazo de presentación de solicitudes, este rectorado, en cumprimento do previsto na base 4.1 da Resolución do 1 de decembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 5 de xaneiro de 2000), pola que se convocan probas selectivas para a provisión de prazas de secretarios técnicos e técnicos especialistas de laboratorio dos servicios xerais de apoio á investigación e da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación vacantes nesta universidade, resolve aproba-la lista provisional de admitidos e excluídos que figura exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (rúa Maestranza, s/n) e no vicerrectorado do Campus de Ferrol (rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n).
De acordo co previsto no segundo parágrafo da citada base, os aspirantes disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para emenda-los defectos que teñan motivado a súa exclusión ou omisión.
A Coruña, 8 de febreiro de 2000.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña