Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.929

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Fábrica de Botones Hisla, S.L.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Fábrica de Botones Hisla, S.L., con nº de código 3602582, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-12-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, pola delegada de persoal, con data do 20-12-1999. De conformidade co disposto no artigo 19 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de febreiro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta primeira e única da revisión do convenio

colectivo de Fábrica Botones Hisla, S.L.

do día 20 de decembro de 1999

En Vigo, sendo as dezaseis horas do día 20 de decembro de mil novecentos noventa e nove, reúnense na empresa Fábrica de Botones Hisla, S.L., sita na Portela de Puxeiros-Tameiga, s/n (Alto de Puxeiros)-Mos (Pontevedra).

Os representantes da comisión negociadora do convenio formada pola delegada de persoal Ana María Caride Gómez e por parte da empresa Albertina Moreira de Oliveira Alves. Ámbalas dúas partes recoñécense como membros da comisión negociadora e polo tanto lexitimadas con poder e representatividade suficiente para a adopción dos acordos que figuran na orde do día e que aquí se adoptan.

Orde do día.

Punto único.-Prórroga do convenio e revisión salarial.

Aberta a sesión:

Acordan:

1. Revisión salarial para o noventa e nove dunha subida de 2,7% e para o dous mil o IPC marcado polo Goberno, cunha cláusula de revisión por diferencias se esta fose superior á marcada e prevista por este; para os anos sinalados anteriormente e redactado no seu artigo 19 o mesmo convenio.

2. Proceder á regularización salarial do ano noventa e nove entre a última semana de decembro do 1999 e a primeira de xaneiro de 2000.

Asdo.: Ana María Caride Gómez Asdo.: Albertina Moreira de Oliveira Alves

Táboas de retribucións salariais 1999

CategoríasSalario

Persoal directivo

Encarado xeral/xefe143.702
Xefe de persoal120.016
Encargado sección/sector120.016

Persoal administrativo

Oficial de 1ª113.944
Oficial de 2ª101.267
Oficial de 3ª89.179
Auxiliar78.164

Persoal comercial

Viaxante120.016
Oficial de vendas106.767

Persoal obreiro

Oficial de 1ª110.906
Oficial de 2ª91.013
Oficial de 3ª86.903
Serrador e marcador86.903
Torneiro e prensista82.858
Cortador de discos manuais80.852
Seleccionador P. acabados80.852
Cortador de discos automáticos79.439
Perforador manual79.439
Encartador e encaixador79.439
Manipulador P. en curso79.439
Axudante maior de 1879.439
Axudante menor de 1871.624
Alimentador de máquinas79.439
Aprendiz71.624
Limpador79.439
Conductor93.437