Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.905

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 18 de febreiro de 2000 pola que se regula a concesión de axudas a entidades locais para formulación de planeamento urbanístico.

Advertido erro de omisión de envío do modelo de solicitude de anexo I á Orde do 18 de febreiro de 2000 pola que se regula a concesión de axudas a entidades locais para a formulación de planeamento urbanístico de acordo co artigo 5.1º, reprodúcese modelo de anexo I que debería estar incluído na publicación da Orde do 18 de febreiro de 2000, no Diario Oficial de Galicia do 25 de febreiro, nº 39.

Advertido erro no texto da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 39, do 25 de febreiro de 2000, é necesario face-la oportuna corrección:

Na páxina 2.479, columna esquerda, liña 39, onde di: «P.D. (Orde 13-12-1993)», debe dicir: «José Cuíña Crespo».

Na mesma páxina, columna esquerda, liña 40, onde di: «José Antonio Fernández Vázquez», debe dicir: «Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda».

Na mesma páxina, columna esquerda, liña 41, onde di: «Secretario xeral da Consellería de Política», debe omitirse.

Na mesma páxina, columna esquerda, liña 42, onde di: «Territorial, Obras Públicas e Vivenda», debe omitirse.