Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 2000 Páx. 2.850

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Operadora Gallega, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Operadora Gallega, S.A. (código 2700532), da provincia de Lugo, asinado o día 30 de decembro de 1999, pola representación da citada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo,

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 27 de xaneiro de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo para a empresa Operadora Gallega, S.A. (Opegasa)

Artigo 1º.-Ámbito.

Ámbito funcional. O presente convenio colectivo de traballo rexerá as relacións de traballo na empresa Operadora Gallega, S.A. na actividade empresarial de explotación de máquinas recreativas e explotación de salóns recreativos.

Ámbito territorial. O presente convenio será de aplicación a tódolos centros de traballo que a dita empresa teña establecidos ou poida establecer na provincia de Lugo.

Ámbito persoal. O convenio afecta a tódolos traballadores que presten os seus servicios na dita empresa, así como ós que se contraten durante a súa vixencia.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio entrará en vigor, para tódolos efectos, o día primeiro de xaneiro do ano dous mil (2000), independentemente da súa data de publicación no BOP, e permanecerá vixente ata o día trinta e un de decembro do ano dous mil un (2001).

Artigo 3º.-Denuncia.

O presente convenio deberá ser denunciado por calquera das partes, mediante comunicación escrita e cunha antelación mínima dun mes á data de remate del. A ausencia de denuncia significará a prórroga do convenio por períodos anuais nos mesmos termos do actual, a excepción dos S.M.I. regulados polo presente convenio, para os cales se aplicará a regulación laboral existente en cada momento.

Artigo 4º.-Comisión paritaria.

Constituirase unha comisión paritaria entre as partes asinantes deste convenio. O citado órgano, integrado por dous representantes (1 da empresa e 1 dos traballadores), cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así como do seu seguimento. Caso de non chegarse a acordo na dita comisión, ámbalas partes se someten á competencia do AGA e xurisdicción competente.

Artigo 5º.-Garantías persoais e das condicións laborais.

Respectaranse as condicións superiores pactadas a título persoal que as empresas teñan establecidas á entrada en vigor do presente convenio e que con carácter global e en cómputo anual excedan del, manténdose estrictamente ad personam.

Artigo 6º.-Publicidade.

A empresa afectada por este convenio terá exposto un exemplar del en tódolos centros de traballo para coñecemento de todo o persoal.

Artigo 7º.-Salario convenio.

A estructura salarial para o salario do convenio establecerase do seguinte modo:

Salario base: (segundo anexo salarial).

Complemento carencia incentivo: (15% do dito salario convenio).

Complemento de asistencia e puntualidade: (10% do dito salario convenio).

Entenderase como salario de convenio o formado polos seguintes conceptos:

Salario base: será a retribución do traballador fixada por unidade de tempo ou de obra, respecto ó posto de traballo desempeñado, sen atender ás circunstancias que motivan a percepción dos complementos.

Complemento carencia de incentivo: será aquel complemento que a falta dun de productividade regulará o rendemento dos traballadores primando e incentivando aquela. A implantación ou modificación dun réxime de incentivos en ningún caso poderá supoñer que, a igual actividade entre traballadores dunha mesma categoría, se produza unha perda na retribución do traballador neste concepto e no mesmo posto de traballo. De igual forma, e se se producise un descenso na actividade dun traballador respecto ós seus compañeiros de categoría, e este descenso obedecese a causas alleas á organización e dirección da empresa e puidesen ser voluntarias e individuais, este complemento será obxecto de revisión na contía que a empresa estime oportuno.

Para efectos globais, este complemento supoñerá o 15% do salario de convenio.

No caso de que en futuros convenios se regulase un complemento de productividade, este complemento desaparecería e englobaríase no futuro complemento de productividade.

Complemento de asistencia e puntualidade: será aquel complemento que primará a presencia efectiva do traballador sobre a totalidade do horario laboral. Para premia-la asistencia ou puntualidade establécese un premio ou complemento para tódalas categorías que significa o 10% do salario de convenio.

Se se producise unha reiterada diminución da presencia efectiva do traballador sobre a xornada laboral, por causas non consideradas no presente convenio (enfermidade común, accidente de traballo ou permiso retribuído), véxase falta de puntualidade na chegada e saída do traballo ou a asistencia a el.

Considérase falta de asistencia ó traballo calquera falta ó traballo non xustificada, a partir de 4 horas de ausencia continuada do posto de traballo. Non se considerarán faltas ó traballo para os efectos aquí presentes, aquelas que sexan producidas como consecuencia dos permisos retribuídos que se determinan no presente pacto. Calquera falta ó traballo inxustificada pode ser castigada con sanción distinta, recollidas no art. 58 do Estatuto dos traballadores. En canto ó complemento de asistencia como concepto de nómina sancionarase calquera falta de asistencia non xustificada coa perda deste complemento na nómina do mes en que se produza a falta, sexa esta en calquera día laborable do mes. A perda cuantifícase na totalidade do complemento devengado.

Considérase falta de puntualidade o atraso de máis de 5 minutos na hora de entrada na empresa sobre o horario oficial. Os 5 minutos de flexibilidade establécense como compensación a períodos habituais de prolongación de xornada laboral derivados do cumprimento de obxectivos e organización do traballo.

As faltas de puntualidade estarán sancionadas conforme o seguinte cadro de sancións económicas:

Tipo de faltaPrazo% Bruto nómina

(- antigüidade consolidada)

1º graoA partir das 3 faltas nun período de 15 días1/10 parte do complemento

2º graoA partir das 6 faltas nun período de 30 días1/3 parte do complemento

3º graoA partir das 9 faltas nun período de 30 díasTotalidade do complemento

Todo atraso superior a 30 minutos e que non sexa considerado como falta de asistencia (máis de 4 horas), na hora de entrada oficial computarase como 2 faltas de puntualidade.

Artigo 8º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte para tódalas categorías na contía de 4.000 ptas. mensuais en doce pagas.

Artigo 9º.-Complemento de quebranto de moeda.

Establécese un complemento de quebranto de moeda, para o grupo III, na contía de 2.000 ptas. mensuais en doce pagas, e para o grupo IV e V de 4.000 ptas. mensuais, en doce pagas.

Artigo 10º.-Complemento de desgaste de ferramentas.

Establécese un complemento de desgaste de ferramentas de 1.000 ptas. mensuais, en doce pagas para o persoal dos grupos III e IV.

Artigo 11º.-Complemento extrasalarial/multas de tráfico.

Establécese un complemento extrasalarial/multas de tráfico, durante a xornada de traballo para o persoal dos grupos III e IV e V na contía de 2.000 ptas. ó mes, en doce pagas.

Artigo 12º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 1.826 horas anuais de traballo efectivo, cunha distribución de 40 horas semanais de media.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias de xullo e decembro. O importe destas gratificacións compoñerase de salario base, complemento carencia de incentivo e complemento de asistencia. Respecto ó aboamento destas gratificacións a empresa comprométese a realiza-la transferencia bancaria destas os días 15 de xullo e 15 de decembro.

Artigo 14º.-Xubilación.

A xubilación ós 64 anos, nos termos do R.D. 1194/1985, do 17 de xullo, quedará en todo caso supeditado e recomendado ó acordo expreso ou pacto entre empresa e traballador.

Artigo 15º.-Vacacións.

O período de vacacións anual terá unha duración de 30 días naturais.

Artigo 16º.-Licencias retribuídas.

A empresa concederá as licencias retribuídas que a continuación se indican, sempre que se solicite por escrito e con xustificación da súa necesidade.

a) Por casamento do traballador, 15 días naturais e por matrimonio de pais, irmáns e cuñados, un día.

b) Por parto da esposa, 3 días se se reside na mesma localidade e 5 se se reside en localidade distinta.

c) Por enfermidade e operación cirúrxica do cónxuxe, pais ou fillos, 3 días que se ampliarán a 5 cando a enfermidade grave teña lugar fóra da provincia.

d) Por falecemento do cónxuxe, pais ou fillos, 3 días se ten lugar dentro da localidade e 5 se ocorre fóra dela.

e) Por traslado de domicilio, 1 día.

Artigo 17º.-Posibilidade de corrección de erros na táboa.

No suposto de que se detecte un erro nas táboas salariais do convenio, de acordo cos criterios cos que se elaborou, reunirase a comisión negociadora para corrixilos.

Artigo 18º.-Prestación por morte, viuvez ou invalidez.

As empresas afectadas por este convenio concertarán unha póliza de seguros lles que garanta ós seus traballadores unha indemnización de 3.000.000 de pesetas por morte, invalidez total, absoluta e grande invalidez derivada de accidente de traballo.

Artigo 19º.-Incapacidade temporal.

Cando o traballador se vexa afectado por IT derivada de accidente de traballo, ou se encontre en situación de hospitalización, calquera que sexa a causa da IT neste último suposto, a empresa aboará un complemento de ata o 100% da base reguladora, mentres dure a situación que motivou o seu aboamento.

Nos casos de baixa por enfermidade, o persoal afectado por este convenio rexerase coas seguintes garantías salariais en período de baixa:

Duración da baixaPorcentaxe que se vai percibir

Do primeiro ó terceiro día ambos inclusive50% da base de cotización

Do cuarto ó vixésimo ambos inclusive75% da base de cotización

Do vixésimo primeiro en diante85% da base de cotización

Disposicións adicionais

Primeira.-Revisión salarial.

Acórdase para o ano 2000 e 2001 un incremento salarial sobre salario convenio (artigo 7) dunha porcentaxe igual ó IPC previsto para cada ano. En caso de que finalizado o ano se produza unha desviación sobre o dito IPC, establécense as seguintes conclusións:

-Se esta diferencia resultase positiva a favor dos traballadores, aboaríase a dita diferencia anual tan pronto como se constate.

-En caso de que a dita diferencia resultase positiva a favor da empresa, pasaría a formar parte dun concepto denominado «á conta convenio» para utilizar en futuras regularizacións salariais orixinadas pola regularización do IPC.

Segunda.-Antigüidade.

Procédese a unha consolidación e conxelación do complemento de antigüidade a partir da sinatura do presente convenio. Recoñécese a cantidade resultante de aplicar por cada quinquenio de antigüidade un 5% sobre o salario base existente no anterior convenio. O dito concepto será recollido no recibo de nómina como antigüidade consolidada manténdose no futuro inalterable.

Esta aplicación supón un cambio respecto ó establecido ata a data no referente ó concepto antigüidade, pero destácase que as condicións salariais globais non se vén minguadas en ningún caso e para ningún traballador da empresa na data da sinatura.

Lugo, 30 de decembro de 1999.

O representanteO representante

dos traballadoresda empresa

ANEXO I

Táboas salariais anuais convenio de Opegasa ano 2000 (a incrementar co IPC previsto)

GruposCategoríasSalario convenio

anual

Salario baseComplemento

de carencia

incentivo

Complemento de asistenciaTransporteDesgaste

ferramentas

Complemento

extrasalarial

M. tráfico

Quebranto

moeda

IXerente3.616.0002.712.000542.400361.60048.000

Oficial administrativo1.624.0001.218.000243.600162.40048.000

IIAdministrativo1.400.0001.050.000210.000140.00048.000

Aux. administrativo/

recepcionista

1.449.0001.086.750217.350144.90048.000

Técnico1.800.0001.350.000270.000180.00048.00012.00024.00024.000

IIIAxudante técnico1.417.5001.063.125212.625141.75048.00012.00024.00024.000

Recadador1.680.0001.260.000252.000168.00048.00012.00024.00048.000

IVAxudante recadador1.323.000992.250198.450132.30048.00012.00024.00048.000

Comercial1.920.0001.440.000288.000192.00048.00024.00048.000

VAxudante comercial1.512.0001.134.000226.800151.20048.000

Operador sala1.500.0001.125.000225.000150.00048.00048.000

VIAxudante operador sala1.323.000992.250198.450132.30048.00048.000

ANEXO II

Táboas salariais mensuais convenio de Opegasa ano 2000 (a incrementar co IPC previsto)

GruposCategoríasSalario convenio

anual

Salario base

convenio

Complemento

de carencia

incentivo

Complemento

de asistencia/

puntualidade

TransporteDesgaste

ferramentas

Complemento

extrasalarial

M. tráfico

Quebranto

moeda

Paga extra

IXerente258.286193.71438.74325.8294.000258.286

Oficial administrativo116.00087.00017.40011.6004.000116.000

Administrativo100.00075.00015.00010.0004.000100.000

IIAux. administrativo/

recepcionista

103.50077.62515.52510.3504.000103.500

Técnico128.57196.42919.28612.8574.0001.0002.0002.000128.571

IIIAxudante técnico101.25075.93815.18810.1254.0001.0002.0002.000101.250

Recadador120.00090.00018.00012.0004.0001.0002.0004.000120.000

IVAxudante recadador94.50070.87514.1759.4504.0001.0002.0004.00094.500

Comercial137.143102.85720.57113.7144.0002.0004.000137.143

VAxudante comercial108.00081.00016.20010.8004.000108.000

Operador sala107.14380.35716.07110.7144.0004.000107.143

VIAxudante operador sala94.50070.87514.1759.4504.0004.00094.500

ANEXO III

Conceptos consolidación

Data antigüidadeAntigüidade

consolidada anual

R.V.A. anual

Pedro Luis Figueiras Cajide2-5-1980376.946856.000

José Antonio López Fente1-11-1980301.559342.000

Julio Barreiro Rodríguez2-5-1980282.707342.000

José Manuel Casal Darriba11-2-1980282.707342.000

Carlos Puentes Vila7-4-1982252.949288.000

José Manuel Maciñeiras Castro8-3-1988141.849360.000

Marta María Díaz Fouz3-11-19990113.000

Este anexo III afecta ás persoas relacionadas nel. Fíxanse as datas de antigüidade que se respetarán, a antigüidade consolidada xa regulada na disposición adicional segunda, así como as retribucións voluntarias. As cantidades fixadas en concepto de antigüidade consolidada e R.V.A. devengaranse proporcionalmente, tanto nas doce pagas mensuais como nas dúas pagas extraordinarias.