Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 2000 Páx. 2.835

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 18 de xaneiro de 2000 pola que se regula o concurso público para a concesión de subvencións a empresas privadas para fomenta-lo uso social da lingua galega.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 31, do 15 de febreiro de 2000, cómpre face-la súa rectificación:

Na páxina 1.881, no artigo 7º, punto 10, parágrafo segundo, onde di: «As empresas individuais presentarán, no canto dos documentos especificados nos puntos 2, 3 e 5, unicamente unha fotocopia compulsada do NIF do titular», debe dicir: «As empresas individuais presentarán, no canto dos documentos especificados nos puntos 2 e 3, unicamente unha fotocopia compulsada do NIF do titular».

Na mesma páxina, artigo 8º, segundo parágrafo onde di: «...a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia...», debe dicir: «... a partir do día seguinte ó da recepción da resolución polo solicitante».