A Alcaldía por Decreto do 17-2-2000 aprobou con carácter definitivo a delimitación do polígono A-22 dentro da área de reparto nº 22 do PXOM de Verín, seguindo o procedemento establecido no artigo 121 da Lei do solo de Galicia, por instancia de Manuel Silva Carnero e Manuel Diz Diéguez.
O que se fai público en cumprimento do artigo 38.1º d) do vixente Regulamento de xestión urbanística, significando que contra o dito acordo de aprobación definitiva cabe interpor recurso de reposicións ante a alcaldía no prazo dun mes ou ben acudir directamente á vía xudicial interpondo recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses, sen que caiba simultanear ámbolos dous recursos.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición soamente se admitirá o recurso contencioso-administrativo. Os prazos sinalados computaranse a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG.
Os interesados poderán interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Verín, 17 de febreiro de 2000.
Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde