Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 2000 Páx. 2.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO (expediente Sec.-1999000260).

A Alcaldía por Decreto do 17-2-2000 aprobou con carácter definitivo a delimitación do polígono B-21 dentro da área de reparto nº 21 do PXOM de Verín, seguindo o procedemento establecido no artigo 121 da Lei do solo de Galicia, por instancia de Jaime Prezado Losada e Francisco Franco Alonso.

O que se fai público en cumprimento do artigo 38.1º d) do vixente Regulamento de xestión urbanística, significando que contra o dito acordo de aprobación definitiva cabe interpor recurso de reposición ante a alcaldía no prazo dun mes ou ben acudir directamente á vía xudicial interpondo recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses, sen que caiba simultanear ámbolos dous recursos.

Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición soamente se admitirá o recurso contencioso-administrativo. Os prazos sinalados computaranse a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG.

Os interesados poderán interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Verín, 17 de febreiro de 2000.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde