Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 2000 Páx. 2.824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO para a contratación, por concurso aberto (tramitación urxente), de asistencia técnica para a creación, posta en marcha e desenvolvemento dunha oficina municipal xestora da rehabilitación da vivenda en Vigo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia Municipal de Urbanismo (Concello de Vigo).

b) Dependencia: servicios centrais da xerencia.

c) Expediente: 871/400.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: asistencia técnica para a creación, posta en marcha e desenvolvemento dunha oficina municipal xestora da rehabilitación da vivenda en Vigo.

b) Prazo do contrato: vintecatro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 54.939.920 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento do contrato.

b) Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo (Concello de Vigo).

b) Enderezo: praza do Rei, s/n (fronte á casa do concello).

c) Localidade e código postal: Vigo 36202.

d) Teléfono: 986 81 03 46.

e) Fax: 986 22 01 27.

f) Data límite para solicitar documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 de la Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP de Pontevedra o no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 15 do prego de condicións.

c) Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

d) Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses desde a apertura de proposicións.

9. Apetura das ofertas.

a) Entidade, enderezo e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

b) Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 22 de febreiro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Presidente