Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 2000 Páx. 2.816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 319/1999).

Anúnciase que o Concello Pleno en sesión ordinaria do día 7 de xaneiro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Concello Pleno, por vinteún votos a favor e seis votos en contra, acordou:

1. Estimar integramente a alegación presentada por Lourdes Gontán Pérez á aprobación inicial da ordenanza, no sentido de incluí-la rúa García Mosquera no ámbito das actuacións. E

2. Aprobar definitivamente a ordenanza reguladora das actuacións de rehabilitación da área de rehabilitación integral do núcleo histórico de Ourense, coa redacción acordada na aprobación inicial, a excepción do artigo 3, que queda redactado da seguinte forma:

«Artigo 3º.-Ámbito das actuacións».

As actuacións de rehabilitación estenderanse, exclusivamente, á área de rehabilitación integral do núcleo histórico de Ourense, declarada o 9 de xaneiro de 1998. Debido ó alcance deste primeiro convenio, que abarca corenta actuacións, e considerando que se ampliarán en futuros convenios, exclúense deste primeiro convenio as rúas Capitán Eloy, r/ Paseo, r/ Progreso, r/ Lugo, r/ Santo Domingo

no tramo desde r/ Capitán Eloy ata r/ Cardenal Quiroga, r/ Doctor Marañón e r/ Padre Feijóo no tramo entre r/ Lugo e r/ Dos de Mayo.».

Ordenanza reguladora das actuacións de rehabilitación na área de rehabilitación do núcleo histórico de Ourense (A.R.I.)

Exposición de motivos:

Capítulo I

Disposicións xerais e comúns

Artigo 1º.-Obxecto.

Artigo 2º.-Tipos de actuación.

Artigo 3º.-Ámbito das actuacións.

Artigo 4º.-Tipos de axudas económicas.

Capítulo II

Programas de actuación

Artigo 5º.-Programa de remodelación, reestructuración, baleirado e demolicións parciais de edificios residenciais.

Artigo 6º.-Programa de actuación nos elementos comúns das edificacións e de mellora e conservación dos elementos que foran requiridos polos valores arquitectónicos, históricos e ambientais.

Artigo 7º.-Programa de actuacións de rehabilitación de edificios dunha soa vivenda.

Artigo 8º.-Programa de actuacións para a adecuación das condicións de habitabilidade das vivendas.

Artigo 9º.-Programa complementario de actuacións para soluciona-la insolvencia naqueles casos en que se actúe sobre os elementos comúns do edificio ou na adecuación das condicións de habitabilidade das vivendas.

Capítulo III

Requisitos xerais

Artigo 10º.-Requisitos xerais.

Artigo 11º.-Contías das axudas.

Artigo 12º.-Compatibilidade das axudas.

Artigo 13º.-Perda da axuda económica.

Artigo 14º.-Procedemento.

Artigo 15º.-Prazo.

Exposición de motivos:

Coa aprobación do convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo en materia de actuacións de rehabilitación do núcleo histórico de Ourense e coa redacción destas ordenanzas, o buscado é, fundamentalmente unha intervención en prol da rexeneración e rehabilitación do núcleo histórico, tendo como obxectivos todo o amplo concepto que transmite a palabra rexeneración. Preténdese a recuperación do contorno físico, permitindo que os actuais usuarios e veciños do núcleo vexan o seu contorno tradicional recuperado, sen que o excesivo custo desta recuperación supoña a expulsión del. Tómase como punto de partida fundamental o Plan especial

de protección e reforma interior do núcleo histórico de Ourense como marco para a conservación das características físicas e tipolóxicas dos edificios. Para isto, establécese un documento áxil e sinxelo, que ten como fondo unha actuación coordinada entre as distintas administracións públicas, sentando as bases para a súa intervención no proceso rehabilitador. A metodoloxía do traballo busca unha distribución social das axudas, pondo especial atención nos elementos estructurais das edificacións, tentando limitar dalgunha maneira, e con alternativas viables, a consolidación de situacións non queridas como familias residindo en superficies propias de rochos, con falta de ventilación total, con pezas que non reúnen os mínimos esixibles, así como a posibles reestructuracións de edificios que chocan coa normativa, e que bloquean pola súa vez, a rexeneración no núcleo histórico de Ourense.

Para estas primeiras actuacións delimitáronse aquelas zonas dentro do PERI, que están máis necesitadas das actuacións de rehabilitación, por non chegar a elas de forma decidida a actuación dos promotores privados.

Capítulo I

disposicións xerais e comúns

Artigo 1º.-Obxecto.

É obxecto das presentes normas de procedemento o desenvolvemento e execución do convenio subscrito entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Ourense, con data do 5 de xullo de 1999, en materia de actuacións na área de rehabilitación do núcleo histórico de Ourense, dentro do marco establecido polo Real decreto 1186/1998, do 12 de xuño, sobre medidas de financiamento das actuacións protexidas en materia de vivenda e solo do Plan 1998/2001 e Decreto 345/1998, do 20 de novembro, polo que se establecen axudas públicas en materia de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º.-Tipos de actuación.

As vivendas rehabilitadas obxecto dos distintos tipos de actuación, destinaranse a residencia habitual e permanente do propietario, ou se é o caso, do inquilino.

As actuacións de rehabilitación estarán incluídas nos seguintes tipos:

A rehabilitación de edificios:

Actuacións de remodelación, reestructuración, baleirados e demolicións parciais en edificios con uso residencial, que leven consigo a adecuación estructural e funcional del. Dentro destas actuacións diferenciaranse as seguintes:

1.1. As que realizan o baleirado interior da edificación.

1.2. As que non realizan o baleirado interior da edificación.

Actuacións nos elementos comúns das edificacións e de mellora e conservación dos elementos que foran requiridos polos valores arquitectónicos, históricos e ambientais.

Rehabilitación de edificios dunha soa vivenda.

A rehabilitación de vivendas:

Actuacións para a adecuación das condicións de habitabilidade das vivendas en edificios residenciais.

Artigo 3º.-Ámbito das actuacións.

As actuacións de rehabilitación estenderanse, exclusivamente, á área de rehabilitación integral do núcleo histórico de Ourense, declarada o 9 de xaneiro de 1998. Debido ó alcance deste primeiro convenio, que abarca corenta actuacións, e considerando que se ampliarán en futuros convenios, exclúense deste primeiro convenio as rúas Capitán Eloy, r/ Paseo, r/ Progreso, r/ Lugo, r/ Santo Domingo no tramo desde r/ Capitán Eloy ata r/ Cardenal Quiroga, r/ Doctor Marañón e r/ Padre Feijóo no tramo entre r/ Lugo e r/ Dos de Mayo.

Artigo 4: tipos de axudas económicas.

As axudas económicas previstas terán o carácter de subvención a fondo perdido e poderán dirixirse a calquera das actuacións sinaladas no artigo 2º das presentes normas.

As subvencións concederanse, exclusivamente dentro do ámbito da cota das 40 actuacións establecidas polo convenio asinado o 5 de xullo de 1999, e mentres exista consignación orzamentaria para estas.

Concederanse con base nos informes técnicos, dando preferencia ás actuacións, reguladas no artigo 2º, de rehabilitación en edificios fronte ás de vivendas. As intervencións en edificios primaranse por esta orde: as actuacións sen baleirado interior, con baleirado interior, en elementos comúns e por último cunha única vivenda.

Capítulo II

Programas de actuación

Artigo 5º.-Programa de remodelación, reestructuración, baleirados e demolicións parciais de edificios residenciais.

Nas actuacións destinadas á promoción de vivendas, poderán ser subvencionadas ata un máximo do 50% das vivendas destinadas á venda e o 100% das vivendas destinadas a uso propio ou aluguer.

1. Contía das axudas:

As axudas previstas para a rehabilitación centraranse nos seguintes puntos:

1.1. Axudas económicas ás actuacións con baleirado interior:

1.1.1. Establécese unha subvención a fondo perdido do 40% do orzamento protexible das obras de rehabilitación que se realicen, sen que a subvención

poida exceder de 1.000.000 de ptas. por vivenda subvencionada.

1.2. Axudas económicas ás actuacións sen baleirado interior:

1.2.1. Establécese unha subvención a fondo perdido do 40% do orzamento protexible das obras de rehabilitación que se realicen, sen que a subvención poida exceder de 1.200.000 ptas. por vivenda subvencionada.

Artigo 6º.-Programa de actuacións nos elementos comúns das edificacións e de mellora e conservación de elementos que foran requiridos polos valores arquitectónicos, históricos e ambientais.

1. Contía das axudas:

As axudas previstas para a rehabilitación centraranse nos seguintes puntos:

1.1. Ayudas económicas:

1.1.1. Establécese unha subvención a fondo perdido do 70% do orzamento protexible das obras de rehabilitación que se realicen. Nos medianís e elementos arquitectónicos singulares, alcanzará ata o 100%. A subvención total non poderá exceder de 1.200.000 ptas. por vivenda subvencionada.

Artigo 7º.-Programa de actuacións de rehabilitación de edificios dunha soa vivenda.

1. Contía das axudas:

As axudas previstas para a rehabilitación centraranse nos seguintes puntos:

1.1. Axudas económicas:

Cando se trate dun edificio dunha soa vivenda, que precise de obras de rehabilitación, as axudas económicas serán as reguladas no programa de actuación que corresponda, tanto de edificios como de vivendas. No caso de que as actuacións afecten a varios programas de actuación tomaranse as de maior contía.

Artigo 8º.-Programa de actuacións para a adecuación das condicións de habitabilidade das vivendas.

1. Contía das axudas:

As axudas previstas parar a rehabilitación centraranse nos seguintes puntos:

1.1. Axudas económicas:

1.1..1. Establécese unha subvención a fondo perdido do 70% do orzamento protexible das obras de rehabilitación que se realicen, sen que a subvención poida exceder de 1.200.000 ptas. por vivenda subvencionada.

Artigo 9º.-Programa complementario de actuacións para soluciona-la insolvencia naqueles casos en que se actúe sobre os elementos comúns do edificio ou na actuación das condicións de habitabilidade das vivendas.

Son aquelas actuacións, que pola súa necesidade, características e urxencia se estiman como priori

tarias, e para aqueles casos en que se xustifique a insolvencia, sempre que exista partida orzamentaria para isto.

Determinarán os servicios técnicos a necesidade de adecuación de habitabilidade.

Exclusivamente as axudas irán dirixidas á instalación/adecuación de cociñas e/ou baños, eliminación de humidades, adecuación de pezas habitables ou instalacións especiais para uso de persoas afectadas por minusvalideces.

O orzamento protexible da actuación será determinado polos servicios técnicos, con independencia do custo real da obra.

1. Beneficiarios: poderán ser beneficiarios destas axudas complementarias todas aquelas unidades familiares que demostren insolvencia para acomete-las obras necesarias.

2. Requisitos:

Certificado dos servicios sociais que demostre a precariedade económica.

Xustificante de ingresos.

Fotocopia da última declaración do imposto sobre a renda de persoas físicas, declaración de patrimonio ou certificado negativo de Facenda.

Declaración xurada de carecer doutra vivenda dentro do Concello de Ourense.

Calquera outro documento que poida solicitarse para os efectos de cualifica-la actuación como extraordinaria.

3. Contía das axudas:

As axudas previstas para a rehabilitación centraranse nos seguintes puntos:

3.1. Axudas económicas:

Establécese unha subvención a fondo perdido que pode chegar ó 100% do orzamento protexible das obras de rehabilitación que se realice, avaliado segundo os criterios anteriormente establecidos.

Poderase resolve-lo outorgamento de subvencións por unha contía inferior á sinalada anteriormente.

Capítulo III

Requisitos xerais

Artigo 10º.-Requisitos xerais.

Para os efectos de obte-las axudas previstas nas presentes normas de procedemento, será necesario o cumprimento dos seguintes requisitos:

As obras proxectadas deberán obte-la preceptiva licencia municipal de obras e a edificación ou vivenda ter uso residencial unha vez rematadas as actuacións.

As obras que se dirixan cara á actuación sobre os elementos comúns do edificio, deberán garanti-las debidas condicións de coherencia técnica e constructiva co estado de conservación do edificio e das instalacións.

Non poderán subvencionarse actuacións sobre os elementos privativos das vivendas sempre que as obras non consigan obte-las debidas condicións de adecuación de habitabilidade delas, salvo caso debidamente xustificado.

Artigo 11º.-Contías das axudas.

As axudas económicas previstas nas presentes normas de procedemento terán as limitacións que a normativa especifique e estean establecidas no proceso de rehabilitación ou poidan establecerse durante a vixencia dos distintos convenios.

Artigo 12º.-Compatibilidade das axudas.

Estas axudas son compatibles con calquera outra desta ou outra Administración.

O importe total das axudas non excederá do 85% do orzamento protexible, salvo o establecido no artigo 9º.

Artigo 13º.-Perda da axuda económica.

Son causa de perda da axuda económica establecida as seguintes:

A non adaptación das obras á normativa do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico de Ourense.

A incorrecta execución das obras aprobadas.

A non execución das obras recollidas.

A execución de obras non aprobadas previamente pola Oficina de Rehabilitación.

O incumprimento, non xustificado, dos prazos establecidos para a execución das obras.

Artigo 14º.-Procedemento.

As solicitudes para calquera das axudas presentaranse en instancia normalizada no Rexistro de Entrada do Concello ou en calquera dos medios establecidos no artigo 38, Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A instancia, e documentación complementaria, axustarase ó modelo establecido no anexo.

Examinada esta, será realizado un informe pola Oficina de Rehabilitación no que se terá en conta:

A prelación establecida no artigo 4º.

Que as obras consigan un grao suficiente de habitabilidade.

O respecto e a integración global da actuación coas características do entorno onde se atopa.

A Comisión de Goberno, a medida que se vaian presentando as solicitudes iraas resolvendo conforme os criterios establecidos nas normas de procedemento contidas nesta ordenanza.

Artigo 15º.-Prazo.

As instancias poderanse presentar durante o prazo de vixencia do convenio (5 de xullo de 2001).

DOCUMENTACIÓN QUE SE XUNTA

q DNI/NIF (se é o caso, de tódolos propietarios).

q Memoria que conterá alomenos:

q A) Descrición do tipo de actuación que se vai levar a cabo.

q B) Documento acreditativo da titularidade das vivendas ou contrato de arrendamento, se é o caso.

q C) Superficie útil da vivenda ou inmoble.

q D) Orzamento de execución (asinado polo contratista, promotor ou polo técnico competente, se é o caso).

q E) Se é o caso, proxecto de execución asinado polo técnico competente.

q F) Prazo máximo de execución das obras.

q G) Fotografías do edificio e das zonas que se van rehabilitar.

q Licencia municipal das obras.

q Declaración xurada de que dedicará a vivenda a residencia habitual e permanente, indicando se vai ser para venda, aluguer ou uso propio.

q No caso de remodelación de edificios, declaración xurada de que se vai destinar a vivenda.

q Outros documentos que, se é o caso, resulten necesarios como complemento da documentación anterior.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderase interpor con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que a dictou, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte da publicación deste anuncio.

Contra a desestimación expresa do recurso de reposición, se se interpón, ou ben directamente contra a presente resolución, é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Nembargantes o recurso indicado, poderán utilizarse outros que así se coide conveniente.

Este anuncio suple, en calquera caso, as circunstancias que puideran concorrer no disposto no artigo 59, da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o disposto no artigo 70.2º da Lei 7/1995, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a presente ordenanza, entrará en vigor no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Ourense, 14 de xaneiro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente