Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 2000 Páx. 2.816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COIRÓS

ANUNCIO de licitación.

Anúnciase concurso, pero será aprazada a licitación no caso de que se presenten reclamacións contra os pregos de condicións.

Obxecto: contrato de consultoría e asistencia técnica para a elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal, adaptando o actualmente vixente á Lei do solo de Galicia e demais lexislación urbanística.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: tramitación urxente, procedemento aberto e forma de concurso.

Tipo de licitación: seis millóns de pesetas (6.000.000 de pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: doce meses de traballo efectivo segundo o calendario establecido no prego de condicións.

Dependencia onde estarán de manifesto os expedientes: secretaría xeral.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, no prazo de trece días naturais, contados a partir do día da última publicación do anuncio no DOG e no BOP, de nove a trece horas (luns a venres), de nove trinta a doce trinta (sábados).

Apertura de plicas: no salón de sesións do concello, ás doce horas do quinto día seguinte hábil ó día en que remate o prazo de presentación de proposicións (agás se é sábado, que será o luns seguinte).

Fianza provisional: cento vinte mil pesetas (120.000 ptas.).

Fianza definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación do contrato.

Prego de cláusulas administrativas que rexe este contrato: o prego de cláusulas administrativas foi aprobado o vintedous de febreiro de dous mil, que se publica conxuntamente con este anuncio no BOP.

Coirós, 23 de febreiro de 2000.

Francisco Quintela Requeijo

Alcalde