Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 2000 Páx. 2.772

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2000 sobre delegación de funcións en determinados órganos universitarios.

I

O artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, atribúe ós rectores das universidades a meirande parte das competencias que a autonomía universitaria confire ós órganos universitarios. Pola súa banda, o artigo 63 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela determina, de xeito específico, as competencias do máximo órgano unipersoal da universidade.

O incremento dos asuntos encomendados ós rectores das universidades, unido ás funcións de representación e dirección da institución universitaria, fan necesario que sexan delegadas estas funcións noutros órganos universitarios, principalmente nos vicerrectores, os cales deben asumir en primeira instancia as decisións e dicta-los actos administrativos nas materias da súa competencia, coas excepcións pertinentes e sen prexuízo do dereito de avoca-las competencias en calquera momento.

II

A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común regula, por primeira vez, de xeito específico, a delegación de competencias e de sinatura, establecendo

os criterios que, para a súa eficacia, deben te-las delegacións que se efectúen.

III

O tempo transcurrido desde a aprobación da delegación de funcións acordada por Resolución do 15-2-1995 (DOG do 28 de abril) e os cambios nos estatutos e na organización da USC fan aconsellable realizar algúns cambios, procedendo a refundir e actualiza-la delegación para axustala ás necesidades actuais.

Por todo o anterior este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 18 da Lei de reforma universitaria,

RESOLVEU:

I. Delegación a favor de vicerrectores e secretario xeral.

Primeiro.-Queda delegada nos vicerrectores da universidade e no secretario xeral, dentro do ámbito da actividade que a cada un deles se lle encomende, a facultade de resolve-los expedientes e asuntos con competencia atribuída ó rector, así como asina-los documentos necesarios para o efecto.

Segundo.-Esta competencia abrangue tanto a emisión de actos administrativos de simple xestión ou trámite, como os definitivos que poñan fin ó procedemento administrativo.

Terceiro.-Así mesmo, os vicerrectores e o secretario xeral poderán realizar todo tipo de comunicacións e notificacións de actos, tanto individuais

como xerais, dictados por calquera órgano universitario.

Cuarto.-En particular, ademais das competencias propias de cada vicerrectorado, delégase especificamente:

a) Quedan delegadas no vicerrector de Asuntos Económicos as facultades que en materia de contratación administrativa corresponden legalmente ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, incluíndo a formalización dos contratos administrativos de calquera natureza e patrimoniais que efectúe esta universidade.

-Exceptúanse da delegación outorgada no punto anterior:

1. As impugnacións que se presenten contra o procedemento de adxudicación.

2. O acto definitivo de revogación ou de resolución dos contratos administrativos, tralo procedemento instruído para o efecto.

3. A execución forzosa, tras apercibimento, dos actos que se deriven da contratación administrativa.

-Así mesmo, quedan delegadas no vicerrector de Asuntos Económicos, as atribucións conferidas ó rector como membro e presidente da mesa de contratación a que se refiren os artigos 239.2º dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e o 7.1º e 2º do Regulamento de contratación da universidade.

b) Quedan delegadas no vicerrector de profesorado.

1. A convocatoria de prazas de persoal docente contratado.

2. O nomeamento dos tribunais de persoal docente contratado así como a apreciación de causas que impidan a actuación dos membros, coa excepción da apreciación das causas de abstención e recusación.

3. A aprobación de listas definitivas e provisorias de persoal docente titular e contratado.

4. A presidencia da Comisión de Revisión.

5. O nomeamento de profesorado interino e contratado así como a sinatura dos contratos.

6. A concesión de permisos e licencias do persoal non delegadas ós decanos, directores de centros, e directores de departamentos.

7. Tódolos actos derivados da xestión e tramitación dos procedementos de xubilación do persoal docente.

8. A tramitación de procedementos seguidos ante a Seguridade Social ou MUFACE do persoal docente.

9. Proposta e informe sobre autorización ou recoñecemento de compatibilidade do persoal docente cando lle corresponda a súa resolución ó rector.

10. A comunicación de resolucións rectorais en materia de persoal docente.

11. O recoñecemento de trienios e a comunicación da concesión do complemento específico singular por méritos docentes.

12. Todos aqueles actos relativos á situación administrativa do persoal docente que non figuren atribuídos a outros órganos universitarios.

c) Delégase no vicerrector de Investigación:

1. Proposta e formalización de contratos de proxectos europeos e de contratos e convenios realizados ó abeiro do artigo 11 da LRU.

2. Solicitude de proxectos PETRI.

3. En materia de contratos, informes e cursos dos artigos 11 e 45 da LRU:

3.1. Follas resumo e autorizacións de actividades aprobadas pola comisión de convenios e cursos.

3.2. Nomeamentos de bolseiros.

3.3. Nomeamentos de PAS colaborador.

3.4. Autorización de pagamentos a profesores e persoal investigador por actividade investigadora.

4. Convocatorias de axudas para investigación propias do vicerrectorado e doutras institucións e resolución delas.

5. Solicitudes e informes para as convocatorias doutros organismos.

6. Informes anuais e finais dos proxectos de investigación.

7. Informes de seguimento das subvencións para adquisicións de infraestructuras.

8. Formalización de pólizas de seguros de accidentes dos bolseiros.

d) Quedan delegadas no director do Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua as seguintes competencias:

* Convocatoria e resolución de bolsas para a exención de prezos públicos no terceiro ciclo.

* Xestión e coordinación na aprobación e desenvolvemento das ensinanzas conducentes a titulacións propias da USC.

* Resolución de solicitudes, reclamacións ou recursos en materia de alumnado de terceiro ciclo e posgrao sobre as que non estea delegada a competencia ou a sinatura noutros órganos ou unidades administrativas.

* En xeral as convocatorias e resolucións de solicitudes que garden relación coas funcións do CPTF.

e) Queda delegada no vicerrector de Coordinación do Campus de Santiago de Compostela:

A presidencia da Comisión Electoral e a execución das súas resolucións.

3. A convocatoria, resolución e impugnación de axudas en materia de normalización lingüística.

f) Queda delegada no vicerrector de Extensión Cultural e Servicios á Comunidade Universitaria:

1. A convocatoria dos cursos de verán e para estranxeiros, así como a súa acreditación.

2. Xestión e coordinación da gardería universitaria (escola infantil Breogán) así como a resolución das reclamacións en materia de admisión.

3. Convocatoria e resolución de axudas ou subvencións para asociacións culturais, así como resolución das reclamacións contra elas.

4. Convocatoria de campionatos deportivos.

5. Fixación de tarifas por servicios deportivos.

g) Queda delegada no vicerrector de Relacións Exteriores e Proxección Universitaria:

1. Tódalas competencias relacionadas con programas europeos e de intercambio internacional.

2. Convocatorias de axudas para mobilidade de estudiantes e profesores cara ó exterior.

3. Convocatoria de bolsas pre e posdoutorais para iberoamericanos.

h) Quedan delegadas no vicerrector de Estudiantes:

1. A convocatoria e resolucións relativas ó proceso de selección no sistema universitario de residencias.

2. As resolucións das reclamacións do SUR.

3. A presidencia do xurado nas bolsas da convocatoria xeral do MEC.

4. A representación da USC nos procesos selectivos de bolsas compensatorias da Xunta de Galicia.

5. Representante da USC nos procesos selectivos de bolsas doutros organismos, destinadas a estudiantes.

6. Representación da USC nos procesos selectivos das bolsas Séneca.

7. Convocatoria e resolución de bolsas colaboración do SUR.

8. Convocatoria e resolución doutras bolsas convocadas polo Vicerrectorado de Estudiantes.

9. Responsable da Universidade de Santiago de Compostela perante a Oficina para a Prestación Social Substitutoria.

10. Tódalas competencias relacionadas con programas españois de intercambio de estudiantes.

11. A coordinación e dirección da oficina do voluntariado da USC.

12. As materias relacionadas coas asociacións de estudiantes e en particular coa convocatoria e resolución de axudas de promoción de asociacionismo de estudiantes, así como a resolución das reclamacións contra elas.

i) Quedan delegadas no vicerrector de Ordenación Académica e Titulacións:

1. Resolucións de peticións, reclamacións ou recursos en materia de alumnado sobre as que non estea delegada a competencia ou a sinatura noutros órganos ou unidades administrativas.

2. Autorización de traslados de campus do persoal docente universitario.

3. Xestión, coordinación e aprobación do PDA dos centros e do POD dos departamentos universitarios.

4. Resolución de reclamacións en materia de confección do POD.

5. Coordinación dos procesos de elaboración, modificación e implantación dos plans de estudio na Universidade de Santiago de Compostela.

6. As accións e procesos derivados da política de formación de persoal docente.

k) Delégase no vicerrector de Coordinación do campus de Lugo:

As relacionadas directamente co campus de Lugo que non afecte a outros órganos ou vicerrectorados.

l) Delégase no secretario xeral:

1. A sinatura dos certificados supletorios dos títulos académicos.

2. Certificación de actos presuntos.

3. Resolución de peticións de carácter xeral que non sexan competencia propia ou delegada doutros órganos universitarios.

4. O asinamento das resolucións motivadas que se dicten autorizando ou denegando a rectificación das actas académicas.

5. As competencias relacionadas con actas académicas e órganos colexiados xerais da USC.

Quinto.-En caso de ausencia ou enfermidade, os vicerrectores poderán designar outro vicerrector para o despacho de asuntos da súa competencia.

Sexto.-Exceptúanse da delegación outorgada nos puntos anteriores, continuando atribuída a súa resolución ó rector:

a) Os asuntos que se refiren ás relacións cos órganos e institucións da Administración do Estado e da Administración autonómica galega, salvo os de mero trámite.

b) Os que teñen relación co Consello Social, Claustro Universitario e Xunta de Goberno.

c) As competencias que se enumeran no artigo 63 dos estatutos da universidade.

d) Os actos que supoñan o exercicio da excepcionalidade da súa eficacia retroactiva, establecida no artigo 57.3º da LRXAP-PAC.

e) Os asuntos relativos ó exercicio da potestade organizativa.

f) Os actos sancionadores e os referidos ó exercicio da potestade disciplinaria establecida nos artigos 44.2º e 49.4º da Lei de reforma universitaria.

g) Os que dean lugar á adopción de resolucións rectorais de carácter xeral.

h) A resolución dos incidentes de abstención e recusación.

Nos supostos sinalados anteriormente poderase designar, mediante acto rectoral individual, o vicerrector que, por razón da súa persoa, supla transitoriamente o rector, por imposibilidade de actuar, no exercicio de calquera das ditas competencias.

II. Delegación a favor do xerente.

Sétimo.-Queda delegada a Xefatura do Persoal de Administración e Servicios no xerente da universidade.

Estas facultades abranguen:

1. A execución, coordinación e control da política aprobada polos órganos de goberno sobre o PAS laboral ou funcionario.

2. Establece-las directrices conforme as cales exercerán as súas competencias en materia de persoal os distintos órganos e servicios da Universidade de Santiago de Compostela.

3. Dictar instruccións sobre política de persoal.

4. Establece-los criterios para coordina-la programación do PAS.

5. Prepara-la oferta de emprego público así como os actos derivados dela.

6. A proposta de convocatorias de probas de persoal.

7. Asumi-la inspección de persoal.

8. Propoñe-la designación de representantes da Administración universitaria nas distintas comisións de negociación colectiva.

9. Negociar directamente ou determina-las instruccións a que deberán aterse os representantes da universidade cando proceda a negociación colectiva coa representación dos traballadores xa sexan laborais ou funcionarios.

10. Os actos de execución dos convenios colectivos ou similares e outros pactos legalmente formalizados.

11. Proposta da estructura de postos de traballo.

12. Proposta de designación de membros en comisións de selección e avaliación de PAS (funcionario e persoal laboral).

13. Autoriza-la asistencia a cursos de selección, formación e perfeccionamento.

14. Concesión de permisos e licencias non delegados ós decanos, directores de centros e xefes das distintas unidades administrativas.

l5. Tódolos actos derivados da xestión e tramitación dos procedementos de xubilación salvo as certificacións que correspondan.

16. A tramitación de procedementos seguidos ante a Seguridade Social ou MUFACE, así como as reclamacións previas á vía xudicial ou recursos que non esgoten a vía administrativa.

17. Proposta e informe sobre autorización ou recoñecemento de compatibilidade cando lle corresponda e a súa resolución ó rector.

l8. A autorización e asinamento de contratos de persoal laboral contratado con carácter temporal e o nomeamento de interinos no caso que proceda.

19. As accións e procesos derivados da política de formación de persoal de Administración e Servicios.

20. A comunicación de resolucións rectorais en materia de persoal.

21. Todos aqueles actos de administración e xestión ordinaria do persoal, que non figuren atribuídos a outros órganos universitarios.

-En casos de ausencia ou enfermidade, o xerente designará de forma individual e, polo período de ausencia, a persoa ou persoas que o substitúan para os efectos do asinamento inaprazable de documentos.

-Quedan excluídos desta delegación:

1. O nomeamento de persoal funcionario.

2. O asinamento dos contratos do persoal laboral fixo.

3. A adscrición provisional e en comisión de servicios.

4. Cesamentos e xubilacións.

5. A convocatoria de probas selectivas para persoal laboral fixo.

6. A declaración das situacións administrativas.

7. O recoñecemento, adquisición e cambio de grao.

8. A presentación dos recursos que esgoten a vía administrativa.

9. A interposición de demandas ou iniciación de procedementos xudiciais.

10. A imposición de sancións administrativas no caso que sexa necesario o previo expediente disciplinario, o despedimento e a separación do servicio.

11. O encargo de funcións de categoría superior.

Oitavo.-Igualmente, deléganse no xerente as funcións, actos e tramitación de expedientes de xestión en materia de patrimonio da universidade, así como velar polo seu debido mantemento.

Exceptúanse desta delegación:

1) As resolucións de carácter xeral.

2) A interposición de recursos ou iniciación de procedementos xudiciais.

3) Aquelas competencias propias do Consello Social ou doutros órganos universitarios.

Noveno.-O xerente, nas funcións delegadas, poderá realizar encomendas de xestión en favor do vicexerente do campus de Lugo.

Décimo.-En caso de ausencia, imposibilidade de actuar ou enfermidade o xerente será substituído automaticamente polo vicexerente do campus de Santiago de Compostela. De concorreren as mesmas causas no vicexerente, a substitución realizarase polo xerente adxunto.

III. Delegación a favor dos decanos/directores de centros e xefes de unidades administrativas en materia de permisos do PAS.

Décimo primeiro.-Delégase nos decanos, directores de centros e xefes das distintas unidades administrativas a concesión de permisos e licencias ó persoal nos seguintes casos:

1. Por nacemento dun fillo, por falecemento, por accidente, enfermidade grave ou hospitalización de parentes ata o segundo grao de cosanguinidade ou afinidade, catro días.

2. Por traslado de domicilio sen cambio de residencia, un día.

3. Para realizar funcións sindicais, de formación sindical ou representación do persoal, e deberes inescusables de carácter público ou persoal, polo tempo indispensable.

4. Para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude e avaliación en centros oficiais, durante os días da súa celebración.

5. Poderase dispoñer de ata nove días ó ano, como máximo, de permiso para asuntos persoais sen xustificación, atendendo sempre ás necesidades do servicio.

Os decanos, directores de centros e xefes de unidades terán a obriga de informar sobre os permisos concedidos sempre que así requira a Xerencia da USC.

As restantes solicitudes de obtención de permiso ou licencia, retribuída ou non, deberán formularse ante a xerencia, cunha antelación mínima de quince días á da data do seu comezo, co obxecto de que poidan ser resoltas en tempo e forma. Exceptúanse aquelas que se poidan producir por circunstancias imprevisibles que se acrediten, que se tramitarán por un procedemento de urxencia. En todo caso, a concesión do permiso será requisito necesario para que o solicitante poida ausentarse do seu posto de traballo.

A concesión de permisos deberá solicitarse nos modelos oficiais establecidos para o efecto.

IV. Delegación a favor dos xefes de unidades de xestión académica.

Décimo segundo.-Deléganse nos xefes das Unidades de Xestión Académica a sinatura dos seguintes actos de xestión na tramitación dos procedementos de matrícula ordinaria:

1. Os escritos a que fai referencia o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

2. Os trámites que teñan que efectua-los interesados, conforme o artigo 76 da mesma lei.

3. O pedimento de informes que teñan carácter preceptivo, e os facultativos cando o determina unha disposición administrativa de carácter xeral, ou se xulguen necesarios para a resolución do procedemento, de conformidade cos artigos 82 e 83 da citada lei.

4. Propoñe-la aceptación da desistencia ou da renuncia da solicitude de matrícula dos alumnos.

5. Realiza-los trámites que establece o artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, relativos á caducidade dos procedementos de matrícula ordinaria.

6. Calquera outro acto de xestión que, pola natureza do procedemento, sexa necesario adoptar en virtude da competencia verbal do artigo 55 da Lei 30/1992.

Décimo terceiro.-Delégase nos xefes de Unidades de Xestión Académica a sinatura das resolucións definitivas dos seguintes asuntos:

1. A admisión de alumnos en titulacións sen límite de prazas.

2. A admisión dos traslados dos alumnos para continuación de estudios, unha vez adoptadas as decisións polas comisións dos centros.

3. As anulacións de matrícula por falta de pagamento do 2º prazo.

4. As validacións e adaptacións.

5. As autorizacións de simultaneidade de estudios.

Décimo cuarto.-Delégase a sinatura da facultade certificante do secretario xeral da universidade nos xefes das Unidades de Xestión Académica, para expedi-las certificacións das materias seguintes:

1. As certificacións académicas persoais de materias totais ou parciais.

2. As que soliciten os interesados ou deban expedirse de oficio referidas exclusivamente ós datos administrativos, que constan nos expedientes que figuren nas devanditas unidades de xestión e non se deleguen expresamente nos xefes de división ou subdivisións.

3. As que fagan referencia á data de iniciación dos procedementos de matrícula ordinaria ou extraordinaria que formalicen os interesados.

Décimo quinto.-Apróbase a delegación de sinatura da facultade certificante do secretario xeral da universidade nos xefes de división ou de subdivisión, segundo proceda, das Unidades de Xestión Académica, para expedi-las certificacións das materias seguintes:

a) As que acrediten o pagamento ou exención dos prezos de matrícula.

b) As que se refiran á presentación dos documentos esixidos para formaliza-la solicitude de matrícula.

Décimo sexto.-En todo caso, mentres non se faga a correspondente delegación de sinatura, de se-lo caso, quedan reservados ó secretario xeral da universidade, e pola súa suplencia, ó secretario xeral adxunto, a titularidade e exercicio en materia de alumnado da facultade certificante respecto de:

1. As académicas oficiais.

2. As académicas sobre cualificacións de grao de licenciado.

3. As referentes ós datos da expedición dos títulos oficiais de diplomado, licenciado e, se é o caso, doutor.

4. Os que fagan constar que se teñen por rematados os estudios universitarios e que se aboaron os prezos para a expedición dos títulos correspondentes.

5. As funcións propias recollidas nos estatutos ou atribuídas polas disposicións legais ou regulamentarias que non sexan obxecto de delegación expresa.

Décimo sétimo.-Delégase nos xefes das Unidades de Xestión Académica a sinatura de anulación de matrícula se o alumno acredita estar admitido ou matriculado noutra universidade.

V. Delegación da función certificante do secretario xeral da universidade en determinados órganos.

Décimo oitavo.-Delégase no xefe de Servicio de Xestión de Persoal en relación co persoal universitario, a función certificante do secretario xeral da universidade, referida exclusivamente ós seguintes supostos:

* Certifica-la condición de funcionario ou traballador da universidade, en situación de servicio activo para solicita-la concesión de subvencións de matrícula nos centros de ensino.

* Certificar ou constata-la situación de servicio activo dos funcionarios ou traballadores para que teña efectos en calquera acto da vida administrativa dos interesados, unicamente no ámbito da Universidade de Santiago de Compostela.

Décimo noveno.-Delégase no xefe de Servicio de Xestión de Persoal a función certificante do secretario xeral, referida exclusivamente ós seguintes supostos:

* Certifica-las contías das retribucións básicas e complementarias percibidas anualmente polo persoal universitario para os únicos efectos de presenta-la declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas.

* Certificar ou constatar calquera extremo de carácter retributivo sobre cantidades percibidas polo persoal universitario para que produza efectos en actos da vida administrativa dos interesados, unicamente no ámbito da Universidade de Santiago de Compostela.

Vixésimo.-Delégase no vicexerente de Lugo a función certificante do secretario xeral da universidade referida exclusivamente ó seguinte suposto:

* Certifica-la condición de persoal contratado no ámbito do campus de Lugo, para os efectos de solicita-la concesión das subvencións de matrícula nos centros de ensino, ou para que teña efectos en calquera acto da vida administrativa dos interesados, unicamente no ámbito da Universidade de Santiago de Compostela.

VI. Disposicións xerais.

Vixésimo primeiro.-Os actos dictados en virtude desta delegación de atribucións non poderán exceder dos límites da dita delegación, declarándose, en caso contrario, nulos de pleno dereito.

Vixésimo segundo.-Cando se dicten actos e resolucións en uso da delegación de atribucións contidas nesta resolución, farase constar así expresamente e consideraranse como dictadas pola autoridade rectoral.

Vixésimo terceiro.-En ningún caso poderán delega-los órganos delegados as facultades que lles delegan.

Vixésimo cuarto.-En calquera momento o rector pode reclamar para si o coñecemento e resolución de cantos asuntos considere oportunos en relación coas atribucións delegadas.

Vixésimo quinto.-Esta resolución terá eficacia a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas tódalas resolucións anteriores que se opoñan total ou parcialmente a esta e, especificamente, as resolucións do 20 de marzo de 1991 (r.s. do 3 de abril), a do 22 de xullo de 1994 (r.s. do 3 de agosto), a do 2 de setembro de 1991 (r.s. do 4 de setembro), a do 14 de setembro de 1990 (r.s. do 17), a do 27 de xullo de 1993 (r.s. do 28), a do 19 de outubro de 1993 (r.s. do 22) e o punto primeiro da Resolución do 30 de xullo de 1990 (r.s. do 2 de agosto), e a do 14-2-1995.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2000.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela