Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 29 de febreiro de 2000 Páx. 2.744

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 14 de decembro de 1999, da Dependencia de Recadación de Barcelona, de notificación de providencia de constrinximento (99.1.2.08.005).

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria, segundo redacción dada pola

Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE do 31), o xefe da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona da Axencia Estatal de Administración Tributaria, fai saber que ó non ter sido posible, por causas non imputables á Administración tributaria, realiza-las notificacións ós interesados ou ós seus representantes nos procedementos que se indican na relación que segue, e téndose intentado estas, de conformidade co establecido no artigo 105 da Lei xeral tributaria, cítase a persoa especificada na mencionada relación, para que no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, compareza na Administración ou unidade de recadación que consta na relación, para poder ser notificada regulamentariamente.

En caso de non comparecer no prazo e lugar sinalados, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento del.

Barcelona, 14 de decembro de 1999.

J. Ignacio Mora Artiga

Xefe da Dependencia Provincial de Recadación

de Barcelona

Relación que se cita: 12-12-1999.

Administración da Coruña

Nome: López Fernández Siro.

NIF: 46025600R.

Procedemento: inicio procedemento de constrinximento.

Referencia: A0812098180000690.

Unidade: unidade outras delegacións.

Lugar de comparecencia: Ps. Josep Carner, 33, 1ª planta, Barcelona.