Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 29 de febreiro de 2000 Páx. 2.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión do 27 de xaneiro de 2000, as bases reguladoras do concurso para a prestación do servicio de limpeza

da casa do concello, pavillón municipal e auditorio de Merza, expóñense ó público durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, para efectos de reclamacións. Pola súa vez convócase licitación pública para a adxudicación do devandito concurso que quedaría aprazado no caso de presentárense reclamacións ó prego de bases, proseguíndose, o que reste, a partir do día seguinte da resolución das reclamacións.

Obxecto: contratación por concurso e procedemento aberto de servicio de limpeza da casa do concello, pavillón municipal de Vila de Cruces e auditorio de Merza.

Tipo de licitación: 3.600.000 pesetas anuais (IVE incluído).

Prazo do contrato: 3 años prorrogables.

Exame do expediente: na secretaría do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Fianza: a provisional establécese en 72.000 pesetas, e a definitiva igual ó 4% do importe da adxudicación.

Presentación de proposicións: na secretaría municipal, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publiación deste anuncio no BOP.

Apertura de plicas: terá lugar ás nove horas do primeiro día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de proposicións. Se este coincidise en sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterio de adxudicación: os fixados na correspondente cláusula do prego de condicións.

Modelo de proposición: o recollido na correspondente cláusula do prego. Os licitadores presentarán simultaneamente coa proposición, en sobre á parte, os documentos que se indican na referida cláusula.

Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios, así como tódolos derivados do contrato.

Vila de Cruces, 27 de xaneiro de 2000.

O alcalde-presidente

Rubricado